Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén favorece a conciliación de 30 familias do municipio co...

Pazos de Borbén favorece a conciliación de 30 familias do municipio co seu Campamento Urbano

- Anuncio -
  • A iniciativa é totalmente gratuíta
  • Máis de 30 mozos de Pazos de Borbén participan estes días no segundo Campamento de Verán organizado polo Concello. Unha iniciativa dirixida a familias, con nenos e nenas de 3 a 14 anos, que pretende facilitar a súa conciliación laboral durante as vacacións escolares dos pequenos.
    Así, durante todo o mes de xullo, os pequenos gozarán de actividades lúdicas de todo tipo como xornadas deportivas, actividades acuáticas e saídas educativas coas que se pretende que os pequenos coñezan e valoren os grandes atractivos naturais do municipio. Todas as actividades estás dirixidas e supervisadas por persoal pedagóxico titulado.
  • Do mesmo xeito, o campamento presta especial atención a traballar conceptos de igualdade entre os pequenos destinados a fomentar unha educación libre de prexuízos machistas. “Con esta clase de iniciativas e rutinas fomentamos que os máis pequenos crezan nunha sociedade máis inclusiva e igualitaria. “, explicou a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira.
  • O obxectivo desta iniciativa, sinala a edil, é “promover a igualdade, os hábitos de vida saudables, o deporte e a posta en valor da nosa contorna entre os máis pequenos á vez que damos ás familias unha oportunidade de conciliar a súa vida laboral e familiar durante o verán”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas