HomeVigoNigránO concello de Nigrán e Vive Nigrán ofrecen mañá o concerto Gain...

O concello de Nigrán e Vive Nigrán ofrecen mañá o concerto Gain Over na Alameda de San Capio como parte do programa “Vive Patrimonio”

- Anuncio -spot_img

Como artistas convidadas estarán Xía Rodríguez e Sara Sanmartín, do programa ‘Descúbreas’ da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán e o festival Vive Nigrán ofrecen mañá xoves 14 de Xullo desde as 21:00 horas na Alameda de San Campio (A Ramallosa) o concerto do grupo da escola de música Gain Over como parte da actividade complementaria ‘Vive Patrimonio’. Ademais como artistas convidadas estarán Xía Rodríguez e Sara Sanmartín, do programa ‘Descúbreas’ da Deputación de Pontevedra (dirixido a músicas novas de entre 16 e 30 anos).

Desde o seu nacemento, VIVE NIGRÁN é moito máis que música e busca a integración coa contorna e o patrimonio. E por iso, nesta edición regresaron as actividades complementarias con propostas para todos os públicos a través das accións de VIVE SOSTIBLE, VIVE PATRIMONIO, VIVE IGUALDADE E VIVE ACTIVO, realizadas coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do programa Rías Baixas Fest e o Concello de Nigrán.

O festival Vive Nigrán arrinca este venres a súa sexta edición no campo de fútbol de Monte Lourido, cunha ampla programación para todas as idades e actividades complementarias. Rigoberta Bandini, Iván Ferreiro e La Bien Querida encabezan un cartel que se completa cos concertos de Niña Polaca, Colectivo da Silva, Grande Amore, o Concerto Vibra Mahou de Cariño e as sesións DJ de COOL Nenas e EME DJ. Á programación desta edición súmase unha xornada extra, Vive Nigrán [+] co concerto de MIGUEL RÍOS & THE BLACK BETTY TRIO, na que será unha cita imperdible cunha lenda viva da música española. O festival volve a unha contorna privilexiada xunto a Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán a través da liña 2 do Plan Concellos. Os abonos e as entradas para a xornada do sábado están esgotados. As entradas para o venres e o domingo están dispoñibles en vivenigran.com e Ataquilla.

Publicacións Relacionadas