Home O Morrazo Bueu A Mancomunidade de Concellos do Morrazo entrega os premios do reto de...

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo entrega os premios do reto de Ecoembres a tres colectivos sociais

- Anuncio -

• Os concellos doaron 1000 euros a asociacións que realizan un “enorme labor social na vila”, como Apropark, Adicam e Afamo

A Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu acolleu este mércores, 13 de xullo, o acto de entrega dos premios aos colectivos sociais da comarca, acadados logo de que se superase a campaña “Recicla e únete ao Reto!”, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, que se implementou na Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Félix Juncal, alcalde de Bueu e presidente actual do ente supramunicipal, salientou que “sempre levamos a cabo iniciativas para incrementar as ratios de reciclaxe, e esta é moi fermosa porque ademais nos permite axudar con premios económicos a tres colectivos que levan a cabo un enorme labor social na comarca”. Pola súa banda, Bruno de Llano Gomez-Ulla, dende Ecoembes, agradeceu a toda a veciñanza “porque é grazas a que coidan o medio ambiente, polo que tamén hoxe podemos coidar das asociacións que nos coidan”.

Esta campaña levouse a cabo entre o 1 de marzo e o 31 de maio, e permitiu incrementar nun 10% a reciclaxe de residuos plásticos. Unha vez superada esta cifra, cada concello destinou os 1000 euros conseguidos a unha causa social, e elixíronse asociacións da comarca. Precisamente, o acto desta mañá serviu para entregar eses vales económicos, que Bueu destinou á Asociación de Parkinson de Pontevedra (Apropark), Cangas á Asociación de Persoas Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam), e Moaña á Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (Afamo).

No acto participaron representantes municipais dos tres concellos da comarca e as directivas dos colectivos sociais que recibiron os premios.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas