HomePontevedraDezaO Comité de SEDEXPO 2022 avanza na organización da feira ratificando o...

O Comité de SEDEXPO 2022 avanza na organización da feira ratificando o seu pleno apoio e colaboración activa

- Anuncio -spot_img

• REUNIUSE HOXE PARA ABORDAR DISTINTOS ASPECTOS DO CERTAME, SOBRE O QUE DESTACOU COMO IMPORTANTES ELEMENTOS DIFERENCIADORES A UNIÓN DOS SECTORES DE DEFENSA, SEGURIDADE E EMERXENCIAS NUN ÚNICO EVENTO E TAMÉN AS GRANDES POSIBILIDADES QUE OFRECE O RECINTO PARA REALIZAR DEMOSTRACIÓNS DINÁMICAS

• ESTA CITA CELEBRARASE DO 17 AL 19 DE NOVEMBRO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

O Comité Organizador da I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, mantivo hoxe unha reunión telemática co obxectivo de seguir avanzando no certame, o cal se levará a cabo do 17 ao 19 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), moi preto de Santiago de Compostela.

No encontro analizouse a evolución da feira a nivel comercial e en canto á súa campaña de promoción, ademais de valorar distintas actividades para conformar o seu programa, para o cal xa se empezaron a perfilar propostas de gran interese. Aspectos todos eles nos que o Comité Organizador ratificou a súa plena colaboración para que Sedexpo 2022 sexa tanto un interesante escaparate para toda a industria e as súas entidades de referencia como un gran punto de encontro entre empresas, organismos, profesionais e tamén público xeral, acorde ao obxectivo da feira de fomentar a cultura de seguridade, defensa e emerxencias no cidadán.

Unha primeira cita sobre a que o Comité destacou durante o transcurso da reunión dous importantes aspectos diferenciadores respecto a outros eventos, como é o feito de que nunca se realizou unha feira que una os sectores de defensa, seguridade e emerxencias nunha única feira e tamén as grandes posibilidades que ofrece o recinto para mostrar material en funcionamento. Non en balde a Feira Internacional de Galicia ABANCA conta con 400.000 metros cadrados de superficie, con múltiples pavillóns, un auditorio para 624 persoas e 55.000 metros cadrados de espazos exteriores que permitirán aos expositores realizar demostracións dinámicas e exhibicións ao aire libre, ademais de dispoñer para iso dun lago artificial, un heliporto e un ring con bancadas cubertas.

Representación do sector

Na reunión participaron representantes de dezasete entidades de gran relevancia nos distintos sectores implicados, quen estivo acompañados dun equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA, encabezado polo seu director, Ricardo Durán.

Así, estiveron representadas a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Emerxencia (AXEGA), a cal ten respaldado o certame dende a súa creación, e tamén a Asociación de Directivos de Seguridad Integral (ADSI), Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB), Asociación Europea de Profesionales para el Conocimiento y Regulación de Actividades de Seguridad ciudadana (AECRA), Federación Empresarial Española de Seguridad (FES), Asociación Estatal de Formación de Seguridad Privada (ASEFOSP), Asociación de Jefes de Seguridad de España (AJDSE), CEPREVEN, Asociación Internacional de Miembros de Cuerpos de Seguridad y Emergencias (AIMCSE), Asociación de Directores de Seguridad (ADISPO), Asociación Galega de Sistemas Intelixentes non Tripulados (AGASINT), ASIS, Asociación Española de Compañías Privadas de Seguridad (ASECOPS), Tecnifuego, Asociación Nacional de Profesores de Seguridad Privada (ANPASP), Isaca Valencia e Grupo IDS.

Publicacións Relacionadas