Home Tabeirós A Estrada Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio Manuel García Barros coa obra...

Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio Manuel García Barros coa obra “As horas dunha illa remota”

- Anuncio -

o O xurado xustifica a súa elección no “coidado na caracterización dos dous personaxes protagonistas” e na calidade da súa prosa

o O galardón entregarase nun acto público a finais do outono e inclúe a publicación da obra pola Editorial Galaxia

O xurado da XXXIV edición do premio de novela Manuel García Barros, que convoca o Concello coa colaboración da Editorial Galaxia, vén de galardoar ao escritor Ignacio Vidal Portabales pola súa obra “As horas dunha illa remota”.

A novela, presentada baixo o lema de “O voo do azor”, resultou elixida pola maioría dos membros do xurado entre os 33 orixinais presentados nesta edición.
O xurado estivo composto por Marta Neira Rodríguez, María de las Mercedes Corbillón Fernández, Marcos Sánchez Calveiro, Armando Requeixo Cuba e Carlos Loureiro Rodríguez.

Armando Requeixo xustificou a elección desta obra “no coidado na caracterización dos dous personaxes protagonistas, dúas irmás cunha figura paterna chea de luces e sombras que viven as sombras dunha infancia difícil en Colombia que proxectan o seu ronsel no presente adulto de ambas na súa Galicia de orixe”.

Ademais, os membros do xurado desatacaron a calidade da prosa coa que está escrita a novela, cun emprego dos diálogos de grande mestría funcionando a obra coma un conxunto “que se retroalimenta nas partes e que convida a pensarnos e repensarnos”. Ignacio Vidal Portabales é Doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Compaxina a docencia coa escritura, con varios ensaios publicados sobre temática xurídica e catro obras narrativas en galego publicadas na Editorial Xerais.

O premio está dotado con 9.000 euros e inclúe a publicación da novela. A súa entrega levarase a cabo este outono nun acto no Teatro Principal da Estrada que volverá a ser público despois de dous anos condicionado pola pandemia.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas