HomeOurenseA Xunta destaca o incremento nun 35% das inspeccións laborais en Ourense...

A Xunta destaca o incremento nun 35% das inspeccións laborais en Ourense que permitiron no que vai de 2022 transformar en indefinidos máis de 500 contratos

- Anuncio -spot_img

― A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o director territorial da Inspección de Trabajo y Seguridad Social (ITSS) en Galicia, Demetrio Fernández, celebraron hoxe un encontro de coordinación na sede da Inspección en Ourense

― A Xunta puxo en valor que a volta á normalidade sanitaria e a redución dos ERTE permitiron incrementar a actividade inspectora e aflorar situacións laborais que afectaron a traballadores en fraude de lei así como emprego sumerxido

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha e o director territorial da Inspección de Trabajo y Seguridad Social (ITSS) de Galicia, Demetrio Fernandez, mantiveron hoxe unha xunzanza na sede da ITSS en Ourense, co obxecto de coordinar actuacións de inspección en materia de relacións laborais, prevención de riscos e igualdade laboral na comunidade.

O número de inspeccións realizadas na provincia de Ourense no primeiro semestre deste ano experimentou un incremento do 43% respecto do peche do ano anterior. Tal e como reseñou a directora xeral ao remate da reunión, este reforzo da actividade permitiu que os requirimentos de corrección de incumprimentos se incrementasen nun 35%, algo que favorece o bo funcionamento das empresas galegas e a salvagarda dos dereitos das persoas traballadoras.

“O aumento xeneralizado das actuacións nesta provincia pode achacarse ao incremento de visitas, debido á recuperación da normalidade sanitaria e a comparativa da situación de empresas en ERTE entre o ano 21 e o primeiro semestre do ano 22 cunha redución moi significativa”, algo que coincidiu, relatou Mancha, con que o resto das actuacións en materia de seguridade social e estranxeiría, de prevención de riscos e na área de riscos laborais tamén aumentaron.

As campañas específicas na provincia de Ourense, destacou a directora xeral, fixeron aflorar contratacións en fraude de lei e no que vai de 2022 xa se transformaron en indefinidos un total de 512 contratos laborais (foron 213 en todo 2021).

Mancha fixo énfase no efectivo traballo realizado na área do emprego sumerxido, cun afloramento de casos que se multiplicou de xeito exponencial e permitiu pasar, por exemplo, das 151 persoas sen asegurar detectadas en 2021 aos 875 casos en 2022.

A xuntanza de hoxe enmarcouse no conxunto de contactos informais que a área de Relacións Laborais mantén cos equipos das inspeccións de traballo das catro provincias, polo menos unha vez ao ano. A través das mesmas trátase de intensificar a comunicación entre a representación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na provincia e a Inspección, e coordinar a abordaxe de peeocupacións comúns.

Publicacións Relacionadas