HomeOurenseOs bombeiros de Ourense colaboran no dispositivo de extinción de incendios en...

Os bombeiros de Ourense colaboran no dispositivo de extinción de incendios en Valdeorras

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros de Ourense colaboran no dispositivo de extinción de incendios en Valdeorras. Esta mañá ás 7:45 horas saiu do parque de Ourense un vehículo nodriza con 3 bombeiros, que colaborarán nos traballos que alí se realizan. Farán quendas de 12 horas para relevo contando con que o servizo de Ourense non quede mermado de efectivos que sexan necesarios. Esta tarde sairá outra quenda con 4 efectivos, e así sucesivamente.

Os bombeiros van ao posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), onde se poñerán ás ordes do xefe de extinción.

Na saída dos bombeiros estiveron presentes o tenente de alcalde, Armando Ojea e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, quen destacou a implicación dos bombeiros da cidade ante a gravísima situación que se produce en Valdeorras. O Concello non descarta seguir enviando máis reforzos os próximos días, se fose preciso.

Publicacións Relacionadas