• Jorge Cubela salientou “espírito de compañeirismo, esforzo, deportividade e solidariedade amosado durante todo o campionanto”
O pavillón de deportes municipal de Cerdedo foi o lugar escollido pola Federación Galega de Fútbol para facerlle entrega ao equipo Cerdedo-Cotobade FS de fúbol sala a copa que o acredita como campión de liga da Segunda Autonómica, logrado na presente campaña
que acaba de rematar. O acto contou coa presenza do alcalde Jorge Cubela e varios membros da Corporación Municipal así como polos representantes da Federación Galega Javier Cossío e Borja Iglesias.
A intención da Federación Galega de Fútbol era entregarlle o trofeo nunha fecha anterior, pero ao final foise retrasando ata chegar ata o momento presente no que se aproveitou por parte do Concello de CerdedoCotobade para retierarlle os seus parabéns e lembrar que xa no momento da proclación como campións lle foi entregada por parte do alcalde, Jorge
Cubela, unha placa conmemorativa pola xesta deportiva.
O alcalde volveu felicitar aos compoñentes do equipo de fútbol sala pola súa gran tempada e, sobre todo, polo “espírito de compañeirismo, esforzo, deportividade e solidariedade amosado durante todo o campionanto”. Así mesmo, aproveitou para destacar o gran traballo que está a facer toda a directiva e resaltou a importancia de manter un equipo de tan alto nivel no concello.