HomePontevedraSoutomaior inicia varias melloras no CEIP Padín Truiteiro de fronte ao novo...

Soutomaior inicia varias melloras no CEIP Padín Truiteiro de fronte ao novo curso

- Anuncio -spot_img
  • Renovarase o peche perimetral e substituiranse todas as luminarias interiores do edificio principal por outras de baixo consumo
  • O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de mellora no CEIP Padín Truiteiro de Arcade para satisfacer as necesidades de profesores e alumnos de fronte ao comezo do próximo curso escolar. As tarefas inclúen diversas revisións e reparacións nas aulas, patios e elementos de recreo ademais da instalación dun circuíto de seguridade viaria e unha gran renovación no sistema de iluminación.
  • A mellora máis importante ten como obxectivo o reducir o consumo enerxético do centro e facelo máis eficiente. Para iso substituiranse todos os tubos fluorescentes do edificio, algo máis de 400, por outros baseados en tecnoloxía LED de baixo consumo e menor potencia, pero maior luminosidade. Un investimento de case 5.000 euros que, segundo o estudo previo, amortizarase en menos dun ano.
  • Os traballos de mellora continuarán coa renovación do peche exterior do recinto e a instalación dun circuíto de seguridade viaria co que os alumnos poderán aprender as normas básicas de circulación durante os seus recreos e momentos de xogo.
  • Por último, pintaranse a maioría das aulas e realizarase unha limpeza e actualización do estado da cuberta do edificio principal. Ademais, revisaranse aspectos de habitabilidade fundamentais como a instalación eléctrica, os elementos de climatización, o mobiliario e a grifería dos aseos.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que “todos os anos realizamos melloras no colexio público atendendo ás peticións dos profesores e a dirección do centro para garantir que os alumnos poden comezar o curso coa maior comodidade posible”.

Publicacións Relacionadas