Home Quiroga Folgoso do Courel Artesanía de Galicia volve encher O Courel cos oficios artesanais desde mañá...

Artesanía de Galicia volve encher O Courel cos oficios artesanais desde mañá mércores ata o domingo

- Anuncio -

— A Xunta impulsa a segunda edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, coa colaboración do Concello de Folgoso e da Fundación Uxío Novoneyra

— No programa de actividades inclúense 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como a ourivería, o torno cerámico, a estampaxe téxtil, a marquetería, o tecido, a ilustración, o bordado e a cestería

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza por segundo ano consecutivo o evento Artesanía de Galicia no Courel, co obxectivo de impulsar a divulgación e a posta en valor dos oficios artesanais, de visibilizar a marca Artesanía de Galicia e de fomentar o relevo xeracional no sector. Na inciativa, que se celebra desde mañá mércores, 3 de agosto, ata o domingo día 7, colaboran o Concello de Folgoso do Courel e a Fundación Uxío Novoneyra.

Durante cinco días, Artesanía de Galicia no Courel centrarase en achegarlle a artesanía aos asistentes a través de 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como son a ourivería, o torno cerámico, o tecido, a restauración de mobles, a marquetería, a estampaxe, o bordado, a ilustración e a cestería.

As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural Fondo de Vila, en Folgoso do Courel, e en tres localizacións da aldea de Parada: a sede da Fundación Uxío Novoneyra, a antiga escola unitaria e mais o aloxamento rural A Carbiña.

Entre as propostas para as que era necesaria a inscrición previa –que contan xa con todas as prazas cubertas– atópanse os obradoiros de ourivería e de restauración de mobles, os dous de estampaxe téxtil e os de marquetería. A antiga escola unitaria de Parada acolle do 3 ao 7 de agosto o obradoiro Iniciación á ourivería, impartido pola ourive Susi Gesto (Santiago de Compostela), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, no que os asistentes traballarán as técnicas tradicionais para crear unha xoia de deseño libre; e o curso Restauración de mobles de madeira, a cargo de Sabela Fuentes e Xan Barcala do obradoiro A Factoría Atelier (O Grove), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, no que se dará nova vida ao mobiliario das antigas escolas unitarias do Concello.

No aloxamento rural A Carbiña celebraranse dous obradoiros de Estampaxe téxtil impartidos pola artesá e deseñadora Natalia Moreno (Baiona), no que os asistentes aprenderán a crear composicións harmónicas e o uso da cor para diversos deseños que estamparán de xeito artesanal sobre téxtiles naturais coma o liño ou o algodón. Posteriormente crearase un bolso cos tecidos estampados. A actividade desenvolverase en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, en dúas quendas, do 3 ao 5 de agosto e do 6 ao 7 de agosto.

O artesán restaurador de instrumentos musicais e luthier Régis Floury (Baiona) encargarase de impartir dous obradoiros de Iniciación á marquetería sobre unha caixa de madeira. Os asistentes aprenderán a construír un paquete con diferentes chapas de madeira, a partir dun debuxo escollido por un mesmo, e montar a marquetería encolándoa sobre a caixa para finalmente realizar os remates precisos. Os obradoiros celebraranse na Fundación Uxío Novoneyra en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00, haberá dúas quendas do 3 ao 5 de agosto e do 6 ao 7 de agosto.

Obradoiros abertos
A programación de Artesanía de Galicia no Courel inclúe tamén unha serie de obradoiros abertos ao público adulto e infantil, de carácter gratuíto e para os que non é necesaria a inscrición previa. O obxectivo destas actividades é tratar de divulgar os oficios artesanais e todos os valores que implica o feito á man para que futuros consumidores entendan o valor engadido da artesanía e mesmo futuros profesionais do sector vexan a artesanía como un modo de vida.

No Centro Sociocultural Fondo de Vila celebraranse os obradoiros de cerámica e de tecido, do 3 ao 7 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. O ceramista Carlos San Claudio (Vigo) dirixirá o obradoiro de Iniciación ao torno cerámico, no que os participantes poderán elaborar no torno pezas de barro mediante as técnicas da olería tradicional galega.

Os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo) dirixirán o taller Aprendendo a tecer, no que amosarán as técnicas básicas para o manexo do tear e outros procedementos artesanais téxtiles fundamentais coma o fiado.

Na sede da Fundación Uxío Novoneyra celebraranse os obradoiros de ilustración e de cestería colaborativa, en horario de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00 horas. O debuxo. Unha ferramenta para tod@s estará impartido pola artesá Iria Ribadomar de Deica! Creacións (Santiago de Compostela) e nel aprenderanse os pasos que dar para comezar e adestrar o ollo e a man para poñelos ao servizo da creatividade. A cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño), dirixirá o obradoiro de Cestería colaborativa, no que se creará unha estrutura traballando entre todas as persoas asistentes empregando a técnica do tecido intuitivo.

No aloxamento rural A Carbiña terá lugar o obradoiro de Bordado sobre fotografía, dirixido por Minia Banet de Variopinto (Santiago de Compostela), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. Neste obradoiro os asistentes aprenderán a bordar sobre papel intervindo antigas imaxes da serra do Courel e arredores, empregando postais e fíos de bordado e creando texturas mediante diferentes puntos.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Publicacións Relacionadas