Home Quiroga Folgoso do Courel A Xunta constitúe unha comisión interdisciplinar para deseñar un Plan de Recuperación...

A Xunta constitúe unha comisión interdisciplinar para deseñar un Plan de Recuperación Integral do Courel

- Anuncio -

— Estará integrada por diversos expertos en varias materias co obxectivo de que as medidas e accións que se acometan sexan froito dunha visión e perspectivas globais

— Xa están en marcha varias liñas de axudas encamiñadas a mitigar os danos causados polo lume tanto nos tecores da zona como nas vivendas afectadas

A Xunta constituíu unha comisión interdisciplinar co obxectivo de deseñar un plan de recuperación integral do Courel tras o incendio acontecido o pasado mes de xullo.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, insistiu hoxe na súa visita ao Concello de Folgoso do Courel, na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na necesidade de comezar canto antes tanto coas tarefas de rexeneración dos espazos naturais danados como coa tramitación das axudas para as persoas que se viron afectadas polo incendio.

Nesa liña, a comisión constituída hoxe estará integrada por diversos expertos en varias materias co obxectivo de que as medidas e accións que se acometan sexan froito dunha visión e perspectivas globais. “Trátase de non deseñar medidas illadas, senón de definir unha folla de ruta a seguir no futuro para acadar esta recuperación”, aseverou a conselleira.

Así, ademais de responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Concello de Folgoso do Courel, tamén formarán parte da comisión representantes do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), do xeoparque mundial Unesco Montañas do Courel, da reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e do Courel, profesionais dos eidos da bioloxía, do paisaxismo e da arquitectura, así como membros da asociación de veciños.

Liñas de axudas
A Xunta ten xa en marcha varias liñas de axudas encamiñadas a mitigar os danos causados polo lume tanto nos tecores da zona como nas vivendas afectadas.

Deste xeito, os tecores contarán cun financiamento de 300.000 euros para recuperar hábitats cinexéticos e instalacións destruídas. Tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia, o custo subvencionable será dun máximo de 650 euros por hectárea, cun límite máximo por entidade de 30.000 euros ata o esgotamento do crédito dispoñible.

Cómpre lembrar que un 18% da superficie total dos tecores dos concellos de Folgoso do Courel, Samos, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio se viu afectada polo incendio.

No que respecta ás axudas para rehabilitación e reconstrución de vivendas, xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de tratarse da residencia habitual, acadarán o 100% do custe, cun máximo de 122.400 euros e, se se trata dunha segunda residencia, serán do 100% cun límite de 61.200 euros, mentres que para enxoval doméstico o límite é de 15.000 euros para vivenda habitual e 5.000 para segundas residencias. Da convocatoria desenvolvida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo quedan excluídos os inmobles en estado ruinoso ou abandonados antes dos incendios.

Segundo informou Ángeles Vázquez as primeiras valoracións realizadas estiman que no Courel se viron afectadas 11 segundas residencias e 1 vivenda habitual.

Para concluír, a conselleira incidiu en que “a situación á que nos enfrontamos require do esforzo de todos para abordar desde todos os puntos de vista as accións a acometer para rexenerar a Serra do Courel”.

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas