Home O Ribeiro Cortegada Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de...

Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

- Anuncio -

A cita, que conta coa colaboración da Deputación, abarca un programa no que á tradicional feira e o xantar popular do domingo, 14 de agosto, suma os concertos de Óscar Ibáñez e A Roda, ademais de actividades infantís, degustacións ou obradoiros

Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da súa Feira de Artesanía e de Porco Celta, un evento gastronómico e cultural organizado polo Concello coa colaboración da Deputación de Ourense e que este ano abarca, ademais da feira de artesanía e o xantar popular de porco celta -o domingo 14 de agosto-, citas como os concertos de Óscar Ibáñez -o venres día 12- e A Roda -sábado 13 de agosto-, actividades infantís, degustacións e varios obradoiros.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial na presentación da Feira de Artesanía e de Porco Celta acompañado polo alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, e da concelleira de Cultura, Begoña Estévez. César Fernández felicitou na súa intervención ao Concello por un evento que “reivindica o noso patrimonio, cunha festa popular de coidada programación para todos os veciños e visitantes”, e avanzou o apoio da Deputación a este tipo de proxectos, que “axudan a dinamizar o noso rural”.

O alcalde recoñeceu o apoio da Deputación á celebración da festa, ademais da cooperación da Xunta a través da celebración do concerto de Óscar Ibáñez, “un gran gaiteiro que é un artista de referencia” e que chega a Cortegada encadrado dentro do ciclo do Xacobeo. Avelino de Francisco remarcou que esta edición supón a “volta á normalidade despois de dous anos de parón pola pandemia, nesta festa da artesanía, da música e das nosas tradicións”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Begoña Estévez, destacou a alta participación na Feira de Artesanía -30 postos, o tope establecido para esta edición- e a variada programación, con elementos como o “tobogán inchable ou os obradoiros”.

Programación da XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

A XII edición desta festa organizada polo Concello de Cortegada arrancará o venres, día 12 de agosto, co concerto de Óscar Ibáñez & Tribo no Campo da Feira, a partir das 22,30 horas. E o sábado 13 de agosto será o momento para a ruta de tapas polos bares coa Charanga Caliqueños -ata as 00,00 horas- e o concerto de A Roda, no Campo da Feira, a partir das 23,30 horas.

O domingo 14 de agosto terá como actividades centrais a Feira de Artesanía, que comeza as 11,00 horas na Praza Bos Aires, e o xantar de porco celta -ás 14,30 horas, cun menú que tamén inclúe paella, viño do Ribeiro, postre e café-. Ademais, a xornada contará cunha degustación de viño do Ribeiro, dúas exhibicións de cetrería, obradoiros de construción de gaitas e de cristal, o tobogán inchable, unha festa da escuma e a animación musical das pandereiteiras Sadeo e a charanga BBB.

Relacionadas

Deputación e Porto de Vigo exploran novas vías de colaboración conxunta para revitalizar a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse este martes co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, a fin de explorar...

A Deputación avanza nas obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na estrada...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, o tramo de 1.200 metros...

A Deputación aprobará este venres unha achega de máis de 176.000 euros para a...

0
O municipio arousán é o Concello máis beneficiado da Provincia do plan provincial para a mellora das instalacións deportivas ao ter asignados un total...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o apoio da Deputación á vela na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na presentación do Campionato do Mundo...

Luis López amosa a vontade da Deputación por “tender pontes” coas entidades sociais cun...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, explicou os detalles deste novidoso programa a uns cincuenta representantes de colectivos que...

Xosé María Álvarez Cáccamo lerá este venres no Museo o seu poema longo ‘Berta’,...

0
O mesmo día terá lugar a presentación do catálogo ‘Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas’, que acaba de publicar o Museo Cando en...

Publicacións Relacionadas