Home Lugo A Xunta inicia os contactos con representantes municipais e do sector empresarial...

A Xunta inicia os contactos con representantes municipais e do sector empresarial para definir actuacións que favorezan a recuperación da actividade turística no Courel e Valdeorras

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nunha reunión na que se presentaron varias liñas de traballo para apoiar ao tecido socioeconómico de ambas zonas

 Entre as medidas adoptadas polo Goberno galego está o desenvolvemento dun acordo coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes, AGAVI, para crear novos produtos turísticos que poñen en valor os produtos endóxenos

Co obxectivo de favorecer a recuperación da actividade turística no Courel e Valdeorras así como apoiar o tecido socioeconómico con medidas de reactivación, a directora de Turismo de Galicia reuniuse hoxe en Folgoso do Courel con representantes municipais e do sector na que se expuxeron distintas liñas de actuación.
Nava Castro referiuse á situación provocada polos lumes determina levar a cabo “accións de xusta solidariedade cos territorios afectados” e así manifestou que desde o punto de vista da actividade turística, é preciso artellar mecanismos de colaboración para atender a pronta recuperación destas comarcas contribuíndo así a manter a actividade económica do territorio.
Nesta reunión, na que tamén participaron a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o presidente de AGAVI, Juan Rivadulla; o presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Francisco Xabier Almuíña, e representantes de establecementos e servizos turísticos das comarcas afectadas; presentouse tamén o convenio que subscribirá Turismo de Galicia con AGAVI para a creación de novos produtos turísticos que poñan en valor os recursos máis destacados destas zonas.
Estes produtos incluiranse seis categorías con paquetes orientados aos espazos naturais, turismo ornitolóxico, turismo activo e turismo de aventura.
Ademais, desenvolveranse produtos turísticos que axuden á posta en valor do patrimonio, tanto material como inmaterial; paquetes centrados na enogastronomía; outros con atractivo específico como o starlight, turismo industrial ou actividades que poñan en valor o atractivo turístico dos encoros; así como paquetes relacionados co Camiño de Inverno e outros que poidan poñer de relevancia outros recursos turísticos endóxenos.
A través deste acordo crearanse 45 paquetes turísticos cun investimento de máis de 90.000 euros.
As actuacións a levar a cabo neste convenio contribuirán a mellorar o posicionamento turístico e especialmente a súa chegada efectiva no mercado. Para iso contarase coa participación das axencias de viaxe minoristas que teñen chegada ao cliente final, que servirán como aliadas para posicionar os produtos turísticos e os atractivos destas zonas do interior de Galicia.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

Publicacións Relacionadas