Home Terra de Celanova Cartelle O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle, co apoio da Deputación,...

O mellor fútbol sala feminino regresa a Cartelle, co apoio da Deputación, no II Torneo Internacional Ourensanía

- Anuncio -

Na presentación do evento, Manuel Baltar expresou a súa satisfacción pola cooperación entre a Deputación e a Xunta, “compañeiros de viaxe nunha cita que sitúa á provincia como un territorio perfectamente apto para o deporte de alto nivel”

O alcalde, Jaime Sousa, cualificou este torneo como “un dos trofeos máis importantes de Europa, que se celebra no pobo do fútbol sala feminino”

Os días 3 e 4 de setembro, no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro, daranse cita catro equipos: Cidade das Burgas; MSC Torreblanca de Melilla; CD Burela; e o campión italiano Cittá di Falconara

Catro equipos de fútbol sala feminino procedentes de Galicia, Melilla e Italia participarán no II Torneo Internacional Ourensanía-Concello de Cartelle, que se disputará os días 3 e 4 de setembro no pavillón de deportes Piño Vilachá de Outomuro. A competición foi presentada esta mañá no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Manuel Baltar; acompañado polo alcalde, Jaime Sousa; o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat; e mailo organizador do torneo, José Ángel Baliñas.

Manuel Baltar puxo en valor a consolidación deste evento “grazas á capacidade de proposta” do Concello e do seu alcalde, “convertendo de novo a Cartelle na capital do fútbol sala feminino”. Baltar expresou a súa satisfacción pola cooperación entre a Deputación e a Xunta de Galicia, “compañeiros de viaxe nunha cita que sitúa á provincia como un territorio perfectamente apto para o deporte de alto nivel, dentro dese ecosistema deportivo polo que apostamos”.

Jaime Sousa, agradecido por contar co apoio da Deputación e da Xunta, cualificou este torneo como “un dos trofeos máis importantes de Europa, que se celebra, tal e como di un cartel á entrada de Cartelle, no pobo do fútbol sala feminino”. Para Carlos Bericat, competicións destas características contarán sempre co apoio da Xunta, “xa que axudan á promoción do deporte feminino e xeran unha base importante para manter equipos de gran nivel”.

“Un cartel de auténtico luxo”, valorou José Ángel Baliñas á hora de detallar os equipos participantes neste torneo: Cidade das Burgas; MSC Torreblanca F.S. de Melilla; CD Burela; e o campión italiano Cittá di Falconara.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o compromiso da Deputación co deporte na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Porriño na presentación do VIII Challenge As Rías Baixas,...

A Deputación recibe a cifra récord de proxectos para optar aos Premios Provinciais á...

0
A edición deste ano, que repartirá 36.000 € entre as mellores iniciativas, inclúe once categorías de galardóns para recoñecer o talento de mozos da...

Luis López participa en Madrid nunha reunión de traballo da Red Española de Ciudades...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar nesta mañá de luns en Madrid nunha reunión de traballo da Red Española...

A Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun novo proxecto...

0
O novo programa céntrase en converter os restos orgánicos dun centro de día local en compost de alta calidade que se empregará para cultivar...

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

Publicacións Relacionadas