Home Deputacións Deputación A Coruña A Deputación apoia con 225.000 euros a programación de actividades do Auditorio...

A Deputación apoia con 225.000 euros a programación de actividades do Auditorio de Galicia

- Anuncio -

A alcaldesa en funcións e concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asinou hoxe co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o convenio para o financiamento de programas como as xornadas de ilustración e música contemporánea, o ciclo de Lied, a mostra Deber de Baltar, o Festival C, a semana do patrimonio invisible ou o apoio ás compañías de artes escénicas e de movemento.

A Deputación da Coruña apoia con 225.000 euros o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela para o financiamento da súa programación de actividades durante o ano 2022. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a concelleira de Cultura do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.

A Deputación apoia así a programación de actividades con 225.000 euros, un 77,47% do orzamento total que o Auditorio dispón para este fin, que ascende a 290.418,20 euros, e que inclúe ao longo do presente ano unha ampla programación de concertos de música clásica e vangardista, xornadas de ilustración e música contemporánea, o ciclo de Lied, a mostra ‘Deber de Baltar. Medicina e compromiso’, o Festival C, a semana do patrimonio invisible ou o apoio ás compañías de artes escénicas e de movemento.

Mercedes Rosón agradeceu a colaboración económica da Deputación “para facer posible unha importante programación cultural que é atractiva, diversa e de calidade e que ten o obxectivo de situar Compostela como núcleo de formación e ocio da provincia”.

Pola súa banda, Formoso destacou a “gran labor cultural que desenvolve o Auditorio cunha ampla programación de concertos, actividades didácticas e culturais e exposicións para todos os públicos, que ten unha importante difusión alén do propio termo municipal de Santiago de Compostela”.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Publicacións Relacionadas