Home A Coruña A queimada tradicional elaborada con Bagazo de Galicia degustouse no Festival de...

A queimada tradicional elaborada con Bagazo de Galicia degustouse no Festival de Luz de Boimorto

- Anuncio -

A vocal e enóloga Sonia Otero dirixiu a actividade “Ou Espírito Galego na noite coa queimada” a preto de 50 persoas este sábado

O Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais realizou unha queimada nocturna á que asistiron preto de 50 persoas. Unha cita que clausurou a xornada de degustación con produtos con indicativo de calidade, do sábado do Festival de Luz de Boimorto.

Mentres se elaboraba a queimada co Bagazo de Galicia, a vocal e enóloga Sonia Otero fixo lectura dos seus propios poemas e explicou aos participantes a simboloxía do lume en Galicia e na cultura celta. Neste sentido, o lume é un dos elementos das forzas da natureza e ten un papel indispensable na cultura celta “como símbolo de protección e transformación”, matizou Otero.

Durante o evento faláronse de temas relacionados cos demais produtos amparados polo Consello Regulador e as Indicacións Xeográficas; intereses propostos polo público. Ao finalizar a xornada, os participantes quedaron “moi satisfeitos” e resaltaron o feito de elaborar a queimada ás 21 horas por “o efecto embelesador das chamas no ocaso da noite”.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas