Home Pontevedra Campo Lameiro O concello reúne aos veciños promotores da Festa d@s Moz@z dos anos...

O concello reúne aos veciños promotores da Festa d@s Moz@z dos anos 70 para que reciban o domingo a homenaxe do público

- Anuncio -

Foron pioneiros na posta en marcha de festivais de promoción e divulgación da música galega e en galego na Transición e nos primeiros anos da democracia.

O Concello de Campo Lameiro volve a xuntar a gran parte dos promotores que puxeron en marcha nos anos 70 a Festa d@s Moz@s e que foron pioneiros na celebración de festivais de música galega e en galego dinamizando o panomara cultural e sendo referencia en toda Galicia.

Así, o alcalde Carlos Costa e as concelleiras Nieves Boullosa e Delia Carramal están poñéndose en contacto con aquelas persoas que hai 45 anos iniciaron esa xeira que levou na década dos anos 70 a convertir a Campo Lameiro en escenario obrigado para a presenza de cantantes e grupos galegos da talla de Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Xocaloma, Brath, A Quenlla, Buxán e mesmo A Roda.

Nun primeiro encontro participaron, entre outros, José Maquieira Barros, Gonzalo Silva Barros, Ana Caeiro Rey, Manuel Barros Taboada, Pilar Fernández Fontenla, Gloria Fernández Barros, Maruja Martínez Fontenla e Amparo Martínez Fontenla. “Son moitos máis os que pasaron polas diversas etapas como organizadores da Festa d@s Moz@s, hai outros moitos que faltan xa, pero a nosa intención é reunir aos máximos posibles e adicarlles unha homenaxe polo que supuxeron non so para Campo Lameiro senón para o mundo da música galega en todo o país”, indicou o alcalde.

SON TODOS OS QUE ESTÁN, PERO NON ESTÁN TODOS OS QUE SON

“Seguimos chamando e localizando á xente para que este domingo, día 4 de setembro, acudan ao rexurdimento desta festa na que teremos tamén un elenco de grupos e cantantes galegos que están en activo e que son exemplo da continuidade dese espírito que fixo que Campo Lameiro se convertira nunha especie de “Meca” da música galega. Fixemos unha fotografía cos que puidemos xuntar no primeiro intento, pero aínda que son todos os que están, non están todos os que son. A nosa ilusión sería poder xuntar aos máximos posibles, por non dicir a todos”.

O vindeiro domingo 4 de setembro estarán nesta nova Festa d@s Moz@s Manoele de Felisa, A Banda da Balbina, A Roda e Astarot. Ademais, entre as 16 e as 18 horas haberá diversos xogos populares que recuperarán tamén aqueles entretementos que se facían neses anos e nos que participaba toda a mocidade.

“Todas aquelas actividades non se poderán recuperar, como por exemplo a carreira de burros, porque agora non se pode, pero intentaremos que os máis cativos, que as familias, o pasen ben nos momentos previos ao concerto que comezará ás 18 horas, aproximadamente, e que reunirá nesta nova edición despois de 30 anos de parón a cantantes como Manoele de Fellisa, e agrupacións galegas con estilos diferentes e personalidade propia como son A Banda da Balbina, A Roda e mesmo Astarot, que pechará o festival”, indicou o alcalde Carlos Costa.

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

A Deputación compromete unha axuda de 10.000 euros para colaborar, por vez primeira, co...

0
Os deputados Jorge Cubela e Javier Tourís reuníronse co presidente da Asociación de Amigos de Valle-Inclán, José María Paz Gago, para adiantarlle a posta...

Luis López convida aos profesionais do sector a participar activamente na elaboración da nova...

0
O mandatario, xunto coa deputada Nava Castro, avanzou aos profesionais a convocatoria de mesas de traballo para definir os obxectivos do sector, a realización...

Publicacións Relacionadas