Home Pontevedra Deza Pleno extraordinario de Vila de Cruces

Pleno extraordinario de Vila de Cruces

- Anuncio -

• O máis estraño do día é que tras tentar o goberno de Xuntos sacar o concurso da Escola de Música, decatáronse de que despois de 20 anos non estaban aprobadas as bases reguladoras polo anterior goberno e tiveron que levalo hoxe a este pleno extraordinario.

Empeza o mes de setembro no concello de Vila de Cruces coa celebración dun pleno extraordinario que contou con 4 puntos na orde do día.

O 1º punto era para dotar de crédito ao Plan Concilia que saíu a diante por unanimidade.

O 2º punto era para dotar de crédito unha fase do plan Renove das luces led do concello de Vila de Vila de Cruces, onde os grupos da oposición abstivéronse e foi aprobado cos votos do goberno de Xuntos.

O 3º punto do día tal vez fose o máis polémico, porque se trataba de levar a aprobación do Regulamento da Escola de Música de Vila de Cruces, que polo visto estaba sen aprobar polo anterior goberno do PP, e sen o cal non se podía sacar o concurso ao estar todos estes anos funcionando irregularmente, algo que o concelleiro Julio López recriminou á oposición do PP, xa que é unha autentica vergoña e deixamento por parte do PP que tendo maioría absoluta non o aprobasen en pleno dende hay 25 anos, actuando irregularmente todos estes anos, é máis, obrigando ao goberno de Xuntos estes 3 anos a continuar facendo o mesmo que se facía antigamente, ao non ter constancia de que ese documento non estaba aprobado en pleno cando o anterior goberno do PP xa o deixara redactado pero nunca o aprobaron, e non foron advertidos por ninguén desde que chegaron ao goberno no ano 2019, e agora que se pretendía levalo a concurso público atopáronse con este problema, segundo Julio López “ se non chega a ser que quixemos sacar o concurso da Escola de Música, non nos decatabamos nunca, algo que me preocupa en exceso, xa que non sabemos que outras cousas terá escondidas polos caixóns o antigo goberno do PP das que nós non temos constancia”, un punto este que se aprobou por unanimidade de todos os grupos presentes, e que agora se pode continuar co procedemento para sacar a concurso A Escola de Música.

No último punto acordouse os festivos locais para o ano 2023 os cales se decidiu que sexan o 7 e o 8 de agosto, cos votos favorables de Xuntos e do PP e a abstención do BNG.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas