HomePontevedraPoioO concello utlima o inicia da tramitación dos proxectos para a mellora...

O concello utlima o inicia da tramitación dos proxectos para a mellora de servizos na Caeira

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Obras de Servizos, Julio Casás (PSdeG-PSOE), explica que os documentos xa están redactados e que non se centrarán exclusivamente no abastecemento, senón tamén noutras prestacións para a veciñanza de lugares como San Antoniño e Rúa Illa de Ons”

O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, o socialista Julio Casás, confirmou este xoves que o Concello de Poio ten previsto iniciar en breve a tramitación para a renovación de servizos básicos, que suporá “actuacións de gran calado na Caeira, en concreto en lugares como San Antoniño e Rúa Illa de Ons, entre outros”. O edil do Goberno local confirmou que a redacción destes proxectos xa foi concluída polos técnicos e que serán presentados nas vindeiras semanas.

Casás adiantou que esta folla de ruta non se limitará exclusivamente á rede de abastecemento, senón que tamén se mellorarán outros servizos. O concelleiro de Obras e Servizos lembrou que, se ben desde o Goberno local se leva actuando nos últimos anos na dotación e renovación destes servizos nas diferentes parroquias, e especialmente no rural, “este proxecto suporá un pulo moi importante para aumentar esa porcentaxe do 90% de Poio que conta con estas prestacións, que se verán melloradas de xeito notable”.

Precisamente, o concelleiro socialista revisou na mañá deste xoves unha avaría detectada na zona da Caeira e que foi reparada ao longo da mañá. “Somos conscientes de que a rede nesta zona está deteriorada e estamos a traballar non só para dar solucións aos problemas no maior tempo posible, senón para acometer esta actuación que definitivamente poña punto e final a esta situación”, sinalou Casás, que expresou o seu agradecemento á comprensión das persoas residentes na zona. O departamento de Servizos tamén continúa coa súa revisión periódica da rede, na busca de posibles fugas, en aras de continuar aumentando a porcentaxe de eficacia do abastecemento, situado na actualidade nun 80%, un 20% máis que o que marca a media en Galicia.

Publicacións Relacionadas