- O pregón correrá a cargo de Rita do Fardán
- Despois de dous anos de parón pola pandemia, os veciños da parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén, recuperan este domingo a súa tradicional celebración gastronómica, a Festa dá Chula, que xa suma 20 edicións. A celebración contará coa animación dun grupo de música popular durante a festa e o clásico pregón correrá a cargo de Rita do Fardán.
- A festa naceu da idea de relanzar a antiga feira de Moscoso que facía anos que non se celebraba. Tras analizar o funcionamento da antiga feira, obsérvase que o oitenta por cento dos negocios baseábanse no gando. Como no ano 2001, que foi o primeiro ano de celebración da festa, o mercado de gando era practicamente inexistente, estudouse como atraer visitantes. Foi entón cando xurdiu a idea de realizar unha festa gastronómica.
- A chula, simular á “filloa”, foi base de sustento da poboación desta aldea noutros tempos. Millo, ovos e leite eran suficientes para a realización dunha chula que agora se converteu en raíña da celebración. Ademais, durante a festa os participantes poderán degustar racións de polbo, churrasco, callos acompañados doutros doces tradicionais e diferentes preparacións da chula.