HomeA CoruñaA CoruñaO sábado 3 de setembro no Parque das Torres de Santa Cruz,...

O sábado 3 de setembro no Parque das Torres de Santa Cruz, foliada municipal na que participarán os grupos folclóricos de Oleiros

- Anuncio -spot_img

O sábado día 3 de setembro o Concello de Oleiros organiza unha nova edición da Foliada Tradicional, unha xornada lúdica e de encontro na que participarán as diferentes agrupacións folclóricas de Oleiros. O obxectivo principal é fomentar o espírito de convivencia e compartir experiencias, inquedanzas e novos proxectos nunha xornada de festa nun ambiente distendido.

A festa comezará ás 13:00 horas, nas Torres de Santa Cruz, e haberá diferentes actividades dirixidas a toda a familia. Todas as persoas que o desexen poderán unirse libremente a bailar e a cantar cos grupos ata a queimada popular, que porá fin á troula.

Publicacións Relacionadas