HomePontevedraPontevedraRecomendacións de mobilidade para gozar da Feira Franca

Recomendacións de mobilidade para gozar da Feira Franca

- Anuncio -spot_img

Pontevedra xa ten todo listo para que hoxe, a partir das 19.00 horas, comece a XXI edición da Feira Franca, que chega con maior entusiasmo ca nunca despois de dous anos de ausencia pola pandemia. A Policía Local fai as seguintes recomendacións para moverse durante a celebración da Feira Franca, especialmente mañá.

Mobilidade a pé
A mobilidade permitida na zona da Feira Franca é a pé. O acceso é libre para peóns pero prevense grandes aglomeracións en:
• Praza da Ferrería, Soportais e Praza Curros Enríquez; Praza Verdura, Real, Sarmiento, Cesar Boente e Don Gonzalo.
• Praza de Touros durante o espectáculo Medieval, especialmente en horarios de entrada e saída.

A Policía tamén recorda que os puntos de atención médica serán:
• Posto avanzado médico no Teatro Principal
• Tres ambulancias mecanizadas en: Valentin García Escudero; Bastida/Michelena e Alameda.
• Protección Civil (Praza de Ourense)
• Bombeiros (Praza de España e Valentín García Escudero).

Outras recomendacións son:
• Non deixar os móbiles ou obxectos de valor á vista.
• Ao respecto de carteiras e bolsos, procurar levar o imprescindible, tanto de documentación, tarxetas de crédito ou cartos, e sempre en lugar seguro.
• Prever con tempo os desprazamentos que se pretendan efectuar.

Mobilidade en coche
Circulación interior da cidade

• Mantense a prohibición de estacionar en lugares habitualmente prohíbidos: carga e descarga, servizos agás o tempo e o horario establecido; vaos, parada de taxis, etc
• Espérase intensidade de tráfico:
• Entre 10:30 e 13 h. en Eduardo Pondal/Uxio Novoneira; Perfecto Feijoo/Praza Barcelos.
• Saída cidade por Alameda /Echegarai / Ponte da Barca (entre as 12:30 e as 14:30).
• Recomendacións
• Evitar circular polo centro se non é necesario, especialmente nas horas sinaladas.
• Saída cara as praias pola Ponte das Correntes.
• Saída cidade por AP-9 (norte/sur).

Entrada e saída da cidade
• Aberto ao tráfico todas as entradas e saídas da cidade.
• Alternativa a AP-9 como vía de comunicación entre o norte e o sur da cidade.
• Aparcadoiros de balde e de pago, todos operativos.
• Utilizar os aparcadoiros disuasorios que se atopan nas distintas entradas da cidade.
• Evitar a circulación polo centro da cidade.
• Probablemente entre as 12:30 e as 14:30 aumente o tráfico pola Alameda e rúa Echegarai .
Recoméndase utilizar a AP-9 ou a Ponte das Correntes por Corbaceiras/Uruguai e Domingo
Fontán.
• Probablemente haxa desvíos de tráfico na entrada por Paseo Colón entre as 17 horas e as 20 horas, por mor da celebración do espectáculo medieval

Publicacións Relacionadas