HomeOurenseOurenseO Concello deshabilitará provisionalmente a poza de menor capacidade de Outariz polo...

O Concello deshabilitará provisionalmente a poza de menor capacidade de Outariz polo escaso uso e a seca, e amplía o horario das demais

- Anuncio -spot_img

Adopta esta decisión porque este vaso é o menos usado e require utilizar un importante caudal de auga corrente nun contexto de seca

A poza reabrirá de novo en temporada alta

As demais termas amplían horario e estarán abertas de 10 a 20 horas, ininterrompidamente, sen pechar a mediodía

O Concello de Ourense deshabilitará provisionalmente un dos tres vasos, o de menor capacidade, da área termal de Outariz-Burga de Canedo. Adopta esta decisión, por unha banda, pola escasa demanda que ten este vaso termal, con cabida unicamente para 18 persoas, e que é con diferenza o que rexistra un menor número de persoas usuarias. Por outra banda, é unha medida fronte á seca, xa que para que esta poza funcione é preciso utilizar un importante caudal de auga procedente da rede municipal, que permita reducir a temperatura da auga para facer posible o baño. A medida tamén proporcionará unha redución dos custos económicos de mantemento e persoal que son necesarios para manter activa esta poza. A terma deshabilitarase de forma provisional co inicio do mes de setembro, unha vez rematada a temporada alta (xullo-agosto) de demanda das termas. A terma abrirá de novo en temporada alta.

O espazo termal de Outariz-Burga de Canedo manterá en servizo os outros dous vasos, de 30 e 25 prazas de capacidade, polo que a zona poderá acoller un total de 55 persoas simultaneamente. Esta dúas termas ampliarán ademais o seu horario de apertura, permitindo o acceso en horario de 10 a 20 h, de forma ininterrompida, xa que ata o de agora pechaban a mediodía

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá en sesión extraordinaria o acordo de deshabilitar provisionalmente o vaso termal (denominado Outariz 83) e a modificación do horario das termas.

As medidas aplicaranse a partir do luns

Publicacións Relacionadas