HomeTabeirósA EstradaO Concello abrirá o luns o prazo para inscribirse na terceira quenda...

O Concello abrirá o luns o prazo para inscribirse na terceira quenda dos cursos de natación para maiores

- Anuncio -spot_img

O Concello da Estrada manterá aberto dende o vindeiro luns e ata o día 19 de setembro o prazo para inscribirse na terceira quenda da actividade de piscina para persoas maiores, que se desenvolverá dende o 3 de outubro ata o 30 de decembro.

Haberá un total de 60 prazas divididas nos seguintes grupos de mañá e tarde: os luns, de 9.15 a 10.00 horas ou de 16.30 a 17.15 horas; os mércores, de 9.15 a 10.00 horas; e os venres, de 9.00 a 9.45 horas ou de 9.45 a 10.30 horas. En cada sesión deberá haber un mínimo de sete participantes, e non poderán superar os 12.

O prezo da inscrición será de 20 euros. Poderán participar nesta actividade as persoas empadroadas no municipio que sexan maiores de 50 anos ou presenten algunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Aqueles/as interesados/as deberán presentar as súas solicitudes de xeito presencial, no
Departamento de Servizos Sociais do Concello de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do Concello. O modelo de solicitude estará dispoñible na páxina web do Concello e deberá presentarse cuberto e acompañado dunha copia do DNI e, se fose o caso, do certificado de discapacidade.

Publicacións Relacionadas