Home A Coruña O Concello convoca axudas de ata 5.000 euros para impulsar actividades deportivas,...

O Concello convoca axudas de ata 5.000 euros para impulsar actividades deportivas, culturais e sociais no municipio

- Anuncio -

• Poderán beneficiarse entidades públicas e privadas rexistradas como asociacións en Miño.

• O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 20 de setembro a través do Rexistro Xeral.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a apertura de prazo para solicitar as axudas do Concello de Miño para a promoción de actividades e investimentos en materia deportiva, cultural, social e de interese xeral no municipio para este ano 2022, ás que se destina un orzamento de 15.500 euros.

As contías máximas destas subvencións serán de 5.000 ou 4.500 euros para actividades culturais e deportivas respectivamente. No caso de investimentos como melloras de infraestruturas ou adquisición de equipamentos, os créditos serán de ata 3.500 e 2.500 euros respectivamente.

Entre os requisitos para beneficiarse desta convocatoria está ser unha entidade pública ou privada sen ánimo de lucro e rexistrada no rexistro municipal de asociacións. Terán que desenvolver as súas actividades no termo municipal e estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias ao Concello.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 20 de setembro.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas