HomeTabeirósCerdedo - CotobadeJorge Cubela e membros da Comisión presentan o programa das festas de...

Jorge Cubela e membros da Comisión presentan o programa das festas de Aguasantas que contarán cun novo aparcadoiro realizado polo Concello

- Anuncio -spot_img

• O martes a partir das 21 horas terá lugar unha gran churrascada na honra dos emigrantes que estará amenizada pola Charanga Charandonga e o trío Tic Tac

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros da Comisión de Festas presentaron a programación festiva da parroquia de Aguasantas na honra da Nosa Señora, patroa do Concello de Cerdedo-Cotobade, que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de setembro e que contarán cun novo aparcadoiro realizado en xabre, realizado polo Concello a petición veciñal.

Este novo aparcadoiro, ubicado na parte posterior do local social dos veciños de Aguasantas, foi realizado polo Concello de Cerdedo-Cotobade a través dunha petición da Comisión de Festas que consideraban necesario acondicionar este espazo para acoller os numerosos vehículos que se dan cita durante as festas patronais na honra da Nosa Señora de Aguasantas e tamén para darlle maior funcionalidade a este lugar de convivencia veciñal. O aparcadoiro está realizado a base da aportación de xabre compactado.

As celebracións na honra da Nosa Señora da Aguasantas iniciaranse o martes 6 de setembro, ás 21 horas, coa festa na honra dos emigrantes onde terá lugar a tradicional churrascada amenizada pola Charanga Charandonga, patrocinada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, e o trío Tic Tac.

O mércores 7 de setembro terá lugar pola mañá cedo o pasarrúas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ás 12:30 horas comezará a misa cantada polo coro Agua Viva de Aguasantas, seguida de procesión acompañada pola citada banda que protagonizará a sesión vermú. Ás 19 horas rezarase o rosario na Capela de Penelas e ás 22:30 horas comezará a verbena amenizada polas orquestras Marbella e Magos.

O xoves 8 de setembro haberá dianas e alboradas a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 11:45 horas terá lugar a misa solemne acompañada polo coro Agua Viva de Aguasantas, seguida de procesión acompañada pola citada banda que protagonizará a sesión vermú. Ás 22:30 horas a orquestra La Ocaband e o trío 3.COM protagonizarán a verbena.

O alcalde, Jorge Cubela, felicitou aos membros da Comisión de Festas e agradeceulles que seguiran mantendo as tradicións así como a homenaxe aos emigrantes que protagonizarán a celebración da churrascada da noite do martes 6 de setembro.

Publicacións Relacionadas