Home Pontevedra O Salnés A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés recibiu a 22 estudantes...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés recibiu a 22 estudantes de sexto de medicina que realizarán o seu últio curso no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

- Anuncio -

― Ao longo da presente semana este alumnado comeza o seu plan de formación práctica, no que rotarán por diversos servizos especializados dos hospitais Montecelo e Provincial, do centro de especialidades de Mollabao e do centro de saúde de A Parda


― Este é o oitavo ano que os centros sanitarios pontevedreses imparten esta formación completa a alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés recibiu hoxe a 22 estudantes de Sexto de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, que inician o seu curso académico no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Ao longo desta semana, estes alumnos comezan o seu plan de formación práctica, no que rotarán por diversos servizos especializados dos hospitais Montecelo e Provincial, do centro de especialidades de Mollabao e do centro de saúde de A Parda.

Divididos en dous grupos, estes 22 alumnos de Sexto curso de Medicina levarán a cabo rotacións, regradas e obrigatorias, por servizos coma Pediatría, Obstetricia e Xinecoloxía, Psiquiatría, Medicina Interna, Urxencias, Cirurxía Xeral e Medicina Familiar entre outros, sempre baixo a supervisión dos seus respectivos titores coordinadores.

Así mesmo, estes alumnos tamén terán a oportunidade de achegarse a outros servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, xa sexan da área médica, cirúrxica ou médico-cirúrxica para, finalmente, ser avaliados ao remate do curso académico.

Oitavo ano impartindo o último curso do grao de Medicina
Este é o oitavo ano que o Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés impartirá de xeito completo o último curso do grao de Medicina, trala súa declaración coma hospital universitario a finais do ano 2012.

Grazas a este plan de formación, os estudantes benefícianse de poder realizar a totalidade do último curso de Medicina nun entorno sanitalario de recoñecido prestixio, tanto polas súas instalacións como polos seus profesionais, a través dun completo programa rotatorio de prácticas, no que contarán de xeito continuado co apoio dun titor coordinador.

No que atinxe ao plan de formación, as liñas de traballo deste programa afondarán nas competencias máis específicas, afianzando os coñecementos globais previos, acadando un maior aproveitamento dos recursos do Servizo Galego de Saúde e a homoxeneización da docencia no eido sanitario.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

Publicacións Relacionadas