HomePontevedraPoioA concellería de Educción ultima os traballos de posta a punto nos...

A concellería de Educción ultima os traballos de posta a punto nos colexios antes do inicio do curso escolar

- Anuncio -spot_img

• O departamento dirixido pola nacionalista Raquel Rodríguez levou a cabo diferentes actuacións de mantemento, limpeza e reparacións, en base ás peticións trasladadas polas directivas dos centros

• O Concello mantén a suba nas cotas das achegas para comedores escolares xa realizada en 2020 e 2021

Tal e como xa é habitual, o Concello de Poio aproveitou o cese de actividade nos centros educativos durante os meses de verán para levar a cabo os pertinentes traballos de posta a punto e mantemento en todos os colexios, de cara ao inminente inicio de curso, fixado para este xoves, 8 de setembro. A concelleira responsable da área de Educación, a nacionalista Raquel Rodríguez, lembra que estas tarefas, acometidas polos operarios municipais, lévanse a cabo en coordinación coa comunidade educativa. “Os labores execútanse tendo en conta as peticións que nos trasladan as directivas e responsables dos propios centros, aos que lles agradecemos a súa colaboración”, indicou.

Deste xeito, o Concello terá finalizados estes traballos antes da data que marca o comezo da tempada lectiva. Raquel Rodríguez lembra que, no caso do CEIP Viñas, a Xunta de Galicia está a levar a cabo unha obra de reforma que aínda non está concluída. “Estamos en contacto permanente coa ANPA e coa dirección do colexio para axudar en todo o que sexa preciso para que a volta ás clases se produza con normalidade, a pesar destes traballos”, apuntou a responsable de Educación, que desexou a todo o alumnado un feliz comezo de curso.

Por outra banda, Rodríguez Alonso confirma que o Concello de Poio “seguiremos a estar moi pendentes das necesidades e demandas das que nos dean traslado desde a comunidade escolar durante todo o curso”. Un ano máis, ao igual que no 2020 e no 2021, a Administración local manterá a suba nas cotas das achegas para os comedores escolares aplicada en 2020, o que se traduciu nun incremento do 50% por cada estudante. “Estamos a falar dun servizo moi importante e necesario para moitas familas”, lembrou Raquel Rodríguez, que tamén salienta o investimento que realiza o Concello na Galiña Azul (900 euros por praza, ademais de asumir outros custes como os derivados da limpeza das instalacións)

Publicacións Relacionadas