Home Pontevedra Caldas O Concello de Pontecesures investirá máis de 50.000 euros na mellora do...

O Concello de Pontecesures investirá máis de 50.000 euros na mellora do firme do camiño de Fenteira a Grobas

- Anuncio -

O Concello de Pontecesures investirá máis de 50.000 euros na mellora do firme do camiño de Fenteira a Grobas

6 de setembro de 2022.- O Concello de Pontecesures vén de formalizar a adxudicación do contrato das obras de mellora do camiño de Fenteira a Grobas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela SL por un importe total de 51.057,70 euros (IVE incluído). Uns traballos que contan cun prazo de execución de catro semanas e un prazo total de garantía de seis anos.

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, explica que “con esta actuación melloraremos a seguridade viaria dos veciños e veciñas xa que, ademais de mellorar o firme do camiño para os condutores, construiremos tamén unha cuneta de seguridade baixo a que se recollerán as augas da chuvia, polo que facilitará tamén o tránsito de peóns pola zona”.

As obras, que están incluídas no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023, suporán a mellora da capa de rodaxe desta pista, de 450 metros de longo por 3,5 metros de ancho. Os traballos suporán a reparación de fochancas e limpeza de gabias en ambas marxes do camiño, sobre o que se aplicará unha nova capa de rodadura de seis centímetros de asfaltado en quente. Así mesmo, está prevista a construción dunha cuneta de seguridade de 300 metros en formigón, baixo a cal se canalizará unha tubaxe e dez arquetas con sumidoiro para a recollida das augas pluviais.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas