Home A Coruña A comunidade educativa de Bergondo mobilízase contra o recorte de persoal de...

A comunidade educativa de Bergondo mobilízase contra o recorte de persoal de atención á diversidade e en E. Primaria no CPI Cruz do Sar

- Anuncio -

• A APA As Mariñas denuncia o desleixo institucional ante o incremento das matrículas de alumnado con diversidade funcional

• A Consellería de Educación denegou a solicitude do centro dun especialista en Pedagoxía Terapéutica, recorta a xornada do de Audición e Linguaxe nunha alta porcentaxe de horas e prescinde dun Mestre de Primaria.

• Está convocada unha mobilización o vindeiro xoves diante da sede do Concello.

O CPI Cruz de Sar de Bergondo acolle este curso a máis de 350 alumnas e alumnos nas súas aulas, máis non poderá enfrontar con garantías as necesidades educativas de máis de 30 destes nenos e nenas con diversidade funcional por mor da denegación dun segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica e o recorte da xornada na especialidade de Audición e Linguaxe nunha alta porcentaxe.

O centro educativo bergondés comunicou ao remate do pasado curso as necesidades de dotación do persoal docente, en base ás previsións realizadas segundo as matriculacións. A súa xustificación contiña as motivacións técnicas para cada caso, fundamentadas en informes de profesionais especializados, e valorados, nalgúns casos, polo Servizo Galego de Atención a Dependencia. A resposta da Consellería non chegou ata a primeira semana de setembro, denegando a incorporación dun segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica. Por outra banda e malia as peticións do equipo directivo e docente, a situación do centro, lonxe de mellorar, empeorou pola decisión da Consellería de Educación de reducir a dedicación do especialista en Audición e Linguaxe no centro e prescindir dun Mestre de Primaria.

A Consellería fundamenta a súa decisión na dispoñibilidade de horas coas que contan os docentes de Primaria pero a realidade é que as necesidades específicas destas alumnas e alumnos con diversidade funcional non poden ser atendidas deste xeito.

Por outra banda, estas decisións non só terán impacto nestes máis de 30 nenas e nenos a quen se lles nega un profesor especialista. O recorte dun Mestre de Primaria incrementará a carga de traballo do cadro docente actual, ao que Educación pretende asignarlle tamén horas de reforzo para as necesidades educativas especiais.
As nais e pais, reunidos en asemblea tras coñecer a resposta da Consellería, rexeitaron esta decisión, que consideran arbitraria e que non responde a fundamentos normativos. As familias lembran que esta decisión vulnera o establecido no DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O texto do decreto recolle no seu articulado a adopción de medidas extraordinarias e de atención á diversidade para dar resposta a necesidades educativas específicas que deberán ser aplicadas una vez esgotadas as de carácter ordinario ou resultar insuficientes.
A demanda das familias, canalizada a través da APA As Mariñas conta co apoio da totalidade do equipo directivo e docente do CPI Cruz do Sar, así como de todas las asociacións do concello mariñán. Pola súa banda, todos os grupos políticos da corporación municipal amosaron a súa disposición para axudar a resolver este problema, así como a súa asistencia á concentración convocada pola asociación de nais e pais, que terá lugar o vindeiro xoves as 9:15 horas diante do consistorio bergondés, coincidindo coa celebración do Consello Escolar Municipal ao que asistirá a Inspección de Educación.
O acto de protesta encádrase no calendario de mobilizacións deseñado pola APA e está aberto a todas as veciñas e veciños, plataformas cidadás e institucións, e súmase a outras concentracións que xa tiveron lugar o pasado xoves, o venres e o luns diante do centro educativo. Asemade, as familias iniciaron una campaña de recollida de sinaturas para denunciar a situación de desamparo institucional, que pon en risco de exclusión educativa a nenas e nenos de Bergondo e non desbotan iniciar outras accións de non mudar as institución a súa política de aplicación da norma.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas