Home A Coruña A Xunta concede 1,2 millóns de euros para actuacións de rehabilitación nos...

A Xunta concede 1,2 millóns de euros para actuacións de rehabilitación nos concellos de Curtis, A Pontenova, Dozón e Ponteareas

- Anuncio -

 Este fondo de cooperación para a rehabilitación naceu hai seis anos cunha dotación inicial de 10 M€ e nas convocatorias de 2017 a 2021 concedéronse préstamos por importe de máis de 11,3 M€ a un total de 23 concellos


 O obxectivo é adquirir e restaurar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou cos representantes municipais de Curtis, A Pontenova, Dozón e Ponteareas os convenios polos que concede 1,2 millóns de euros para actuacións nestes territorios ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Deste xeito, o concello de Curtis disporá de preto de 225.000 euros, A Pontenova contará con 150.000 euros, Dozón recibirá máis de 37.000 euros e a Ponteareas asignaráselle case 790.000 euros en préstamos sen xuros que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos.

O obxectivo destes fondos é adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio. E, ademais, o Goberno galego incide no seu compromiso de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que poidan dispor dunha vivenda digna e axeitada.

Cómpre lembrar que este fondo de cooperación para a rehabilitación naceu hai seis anos cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e nas convocatorias de 2017 a 2021 concedéronse préstamos por importe de máis de 11,3 millóns de euros a un total de 23 concellos. Finánciase con cargo ás fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida. As cantidades devoltas polos concellos pasan a integrarse novamente no fondo para que poidan ser reutilizadas en novos préstamos.

Ademais a través deste instrumento de financiamento a Xunta contribúe a facilitar aos concellos as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios dos inmobles desatendan as súas obrigas dado que a normativa vixente permite aos municipios actuar subsidiariamente e despois reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas