Home A Coruña O Centro de Día para maiores das Galeras ten 8 prazas libres...

O Centro de Día para maiores das Galeras ten 8 prazas libres e 15 persoas agardando entrar

- Anuncio -

O prazo desde que se solicita ata que se concede é de 6 meses, pero para chegar a utilizalo aínda hai que agardar un ano máis: 18 meses.

“Resulta escandaloso que non se cubran as 8 prazas libres que existen no Centro de Día para persoas maiores das Galeras a pesar de que 15 persoas están agardando para gozar deste servizo público”. Así o expresou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, compartindo a indignación de moitas persoas que comproban que por cuestións burocráticas ou por razóns inconfesables poden estar mantendo o servizo neste nivel de precariedade, o que repercute en menores custos de explotación.

A velocidade burocrática para ingresar neste centro é inexplicablemente lenta. O habitual é que desde que se solicita o ingreso pasen uns 6 meses ata a resolución concedendo o dereito a ser atendido no centro. O prazo convértese nun ano e medio ata que realmente se incorpora a usuaria ou usuario, tempo que se xa resulta moi dilatado para calquera persoa, no caso da xente maior convértese nun dato máis cruel, pois o tempo e as expectativas vitais transcorren doutro xeito a esa idade.

Aínda que o centro depende da Xunta de Galicia, a súa xestión está a cargo dunha empresa privada, que cobra integramente o importe da súa concesión. O Concello achega o 33% dos gastos do seu mantemento.

Relacionadas

Extraordinario espectáculo cultural en Mera coas Escolas de música e danza

0
O Parque da Lagoa de Mera acolleu esta mañá unha inmellorable exhibición de creatividade e técnica artística demostrada polas 222 persoas que tomaron parte...

Ruta ciclista en familia por San Sadurniño con 103 participantes

0
Máis dun cento de persoas, boa parte delas nenas e nenos, participaron na ruta ciclista desta mañá. Saíron do CPI e chegaron á capela...

Ortigueira combinará tradición, deporte e música na I Xornada Mariñeira

0
• O evento celebrarase o domingo 2 de xuño no Porto de Espasante • A xornada estará marcada pola celebración das primeiras Bandeiras ‘Ortigueira Boga...

Arranque en Neda da novena etapa do Camiño do Mar Concello a Concello

0
A Asociación de Amigos del Camino del Mar iniciaba este domingo a primeira hora en Neda a novena etapa da súa peregrinación “Concello a...

Gonzalo Muíños propón que as subvencións deportivas inclúan un anticipo do 80% que se...

0
Lembra que é unha fórmula que xa funciona nas convocatorias de outras administracións e que permitiría dar “seguridade económica” aos clubs e entidades da...

Os bombeiros de Cee atopan a unha persoa falecida no seu domicilio, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee foron avisados ao redor das 18.00 horas para acudir a unha vivenda, no Concello de Muxía,...

Publicacións Relacionadas