Home Pontevedra Regresa a Costa Atlántica MTB Tour logo de tres anos de ausencia...

Regresa a Costa Atlántica MTB Tour logo de tres anos de ausencia pola pandemia

- Anuncio -

Será a fin de semana do 23 ao 25 de setembro, e terá a Pontevedra como centro da proba.

Será o escenario da crono nocturna, e punto de saída e chegada nas dúas etapas en ruta previstas por distintos concellos da provincia.

Pontevedra acollerá o vindeiro fin de semana, 23, 24 e 25 de setembro a Costa Atlántica MTB Tour que inclúe una crono pola cidade de Pontevedra e dúas etapas por distintos concellos con saída e chegada, tamén, a Pontevedra. O concelleiro de Deportes e tenente de alcalde, Tino Fernández indicou que se trata “dunha proba única” cunha asistencia de máis de 200 participantes.

A proba arranca o día 23 cunha crono nocturna de 4 quilómetros polo centro histórico da cidade e atravesando o río. A saída será de 4 en catro dende a praza de España.

As outras dúas etapas percorrerán distintos concellos con saída e chegada á praza da Ferraría.

Na actualidade a inscrición está pechada con máis de 200 participantes, que poden competir en parellas ou individual. Ademais, existen dúas categorías competitivas (élite e master) e outras non competitivas.

A proba rematará o domingo 25 cunha Pasta party na praza da Ferraría.
Entre os asistentes Juan Pedro Trujillo e o campión do mundo, David Vaz.
Os organizadores, a empresa Global Deporte, confían en que se convirta nunha proba referente en Galiza e no Estado.

A proba está apoiada pola Xunta de Galicia e pola Deputación provincial, ademais de polo Concello que considera “o deporte e a actividade deportiva un tractor da economía local” en palabras do concelleiro de Deportes, Tino Fernández. Destacou o intenso outono que ten por diante a cidade con competicións de Loita, ciclocross, marcha nórdica, karate…

Fernández lembrou que “a pandemia supuxo un corte na evolución do Costa Atlántica, que ía moi ben”, pero xa se está a recuperar con bo pulo se despois de tres anos sen celebrarse ten 200 persoas inscritas. O concelleiro desexou sorte aos deportistas e convidou a todos os pontevedreses e pontevedresas a que nfocen da proba na vindeira fin de semana.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas