Home A Coruña O PP de Miño mostra a súa preocupación pola conservación do feirón...

O PP de Miño mostra a súa preocupación pola conservación do feirón dominical de Miño

- Anuncio -

Ata o grupo da oposición chegan reiteradas protestas dos vendedores que teñen un posto no feirón que se celebra cada domingo no pobo de Miño, motivadas polas novas condicións que se esixe por parte do goberno municipal para instalar os postos.

Consideramos que este tipo de decisións deben adoptarse sempre escoitando á contraparte e mediante un proceso de negociación que favoreza a ambas as partes, e non como se fixo mediante unha decisión totalmente unilateral que levou a que moitos vendedores decidisen non instalar os seus postos.

Trátase dunha situación que non só afecta os vendedores, senón ao resto de negocios do centro do pobo xa que é unha das actividades que fose do período estival máis visitantes atrae ao noso municipio.

Por iso desde o Partido Popular solicitamos, e así se trasladará en pleno, a que o goberno municipal chegue a un acordo para que poida manterse este feirón, que desde que se iniciou foi crecendo ata converterse nunha tradición do noso pobo que favorece a actividade económica e social do municipio.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas