Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e cinco balnearios ourensáns lanzan a campaña “1.000 sesións balnearias...

A Deputación e cinco balnearios ourensáns lanzan a campaña “1.000 sesións balnearias a 1 euro”

- Anuncio -

“Con esta iniciativa innovadora e sen precedentes queremos promocionar a saúde a través da cultura termal”, explicou esta mañá Manuel Baltar no lanzamento da iniciativa en As Burgas

A reserva das sesións balnearias poderá realizarse a partir do 29 de setembro a un prezo especial único de 15 euros, importe sobre o que haberá códigos de desconto de 14 euros, quedando o prezo final en 1 euro

Os códigos de desconto poñeranse ao dispor dos interesados a través das redes sociais ou Termatalia, onde se entregarán os primeiros 250 códigos desconto

Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia achegarán unha cifra inicial de 1.000 sesións balnearias que se distribuirán entre outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración de entre 1,5 e 2 horas

A Deputación e cinco balnearios ourensáns lanzan a campaña “1.000 sesións balnearias a 1 euro”. “Con esta iniciativa innovadora e sen precedentes queremos promocionar a saúde a través da cultura termal”, explicou esta mañá Manuel Baltar no lanzamento da iniciativa en As Burgas, nun encontro mantido cos responsables dos establecementos participantes, todos os da provincia con piscinas de auga mineromedicinal de usos lúdico-terapéuticos: Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia.

“A promoción posibilitará o goce dos balnearios a prezos moi alcanzables coa intención de que moitos das persoas residentes na nosa provincia que aínda non coñecen os nosos balnearios poidan facelo”, resalta o presidente da Deputación, que encaixa esta presentación no Día da Cooperación Europea (EC Day), “unha forma de resaltar a riqueza termal da provincia e a localización da maioría dos nosos balnearios en territorios considerandos pola UE como transfronteirizos, así como para visibilizar a contribución dos programas de cooperación europea ao termalismo provincial”.

Campaña promocional de termalismo e saúde: “1000 sesións balnearias a 1 euro”.

Entre Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia achegarán unha cifra inicial de 1.000 sesións balnearias que se distribuirán entre os meses de outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración entre 1,5 e 2 horas, en función do balneario.

A reserva das sesións balnearias poderá realizarse a partir do 29 de setembro a prezo especial único de 15 euros, importe sobre o que haberá códigos de desconto de 14 euros, quedando o prezo final en 1 euro. O acceso ás 1.000 prazas será por orde de solicitude e reserva, podendo tramitarse a través de internet.

Os códigos de desconto poñeranse ao dispor dos interesados de diferentes maneiras, a través de eventos ou redes sociais. Os códigos de desconto poderán utilizarse ata completar as prazas ofertadas na promoción, serán individuais e cada persoa poderá utilizar un código.

Toda a información sobre a promoción estará dispoñible en: raiatermalou.com/promocion

Hoxe, con motivo do EC Day, presentación e lanzamento da campaña

Cada ano, na semana anterior ou posterior ao 21 de setembro, conmemórase o EC Day, os máis de 100 programas Interreg de todos os países da UE lanzan eventos locais para incrementar a visibilidade dos proxectos de cooperación europea e o seu recoñecemento entre a cidadanía.

A través do “EC Day” Europa celebra que é unha mestura de culturas e economías que necesitan entenderse para alcanzar o seu máximo potencial. Por este motivo, a Unión Europea fomenta a cooperación de diferentes formas. Unha delas é a través dos programas de cooperación, que destinan máis de 10.000 millóns de euros para que as rexións traballen xuntas en retos comúns.

Un dos proxectos aprobados no marco do Programa Interreg España-Portugal 2014-2020 foi a iniciativa Raia Termal cuxos socios españois foron a Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil xunto ás cámaras municipais portuguesas Melgaço e Terras de Bouro. Raia Termal foi un proxecto dirixido á valorización dos espazos termais de fronteira, é por iso que esta campaña quere recoñecer a importancia da contribución comunitaria lanzándose o EC Day.

Hoxe ábrese o rexistro para a promoción, a entrega dos primeiros códigos desconto a próxima semana en Termatalia.

Para acceder á promoción “Sesións en Balnearios a 1 euro” será necesario unha inscrición previa a través de internet, que se poderá facer a partir de hoxe na dirección: www.raiatermalou.com/promocion

Os 250 primeiros códigos de desconto entregaranse o 29 de setembro en Termatalia. As persoas que visiten a caseta da Deputación de Ourense na Feira Internacional de Termalismo en Expourense e teñan interese na campaña de promoción recibirán o seu código de desconto ata esgotarse os códigos dispoñibles.

A Deputación de Ourense a través da área de Benestar habilita o teléfono 999317760 para responder a calquera consulta ou dúbida sobre a promoción termal.

Relacionadas

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

A Deputación inaugura no CEIP A Xunqueira I, en Pontevedra, a exposición “Achegas das...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Publicacións Relacionadas