Home Xunta de Galicia A actriz Tina Sainz e José Luís Méndez Romeu achegan a súa...

A actriz Tina Sainz e José Luís Méndez Romeu achegan a súa visión persoal e profesional sobre María Casares no Ciclo da Xunta

- Anuncio -

— O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da conferencia que reanuda esta iniciativa no marco da conmemoración do centenario da artista


— Ata o mes de novembro celebraranse novos relatorios no Museo de Belas Artes con entrada de balde a cargo de estudosos sobre a figura da actriz

O ciclo de conferencias María Casares. Do exilio ao escenario organizado pola Xunta co gallo do centenario da actriz reanudouse hoxe tras o período estival coas intervencións da actriz Tina Sainz, e do doutor en estudos literarios José Luis Méndez Romeu, que ten investigado sobre a súa figura. Un acto que contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

O relatorio deu comezo coa intervención da actriz madrileña que traballou con María Casares en El adefesio de Alberti en Madrid en 1976, a que era a primeira vez que a artista volvía a España despois do exilio. Pola súa banda, José Luis Méndez Romeu afondou na traxectoria profesional de María Casares, unha artista da que ten investigado como doutor en Literatura e licenciado en Filosofía, Letras e Ciencias da Educación.

O ciclo María Casares. Do exilio ao escenario impulsado pola Xunta prolóngase ata finais de ano en distintas xornadas a cargo de personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron desde a proximidade o traballo e o legado da artista homenaxeada. Así, en outubro será a quenda de María Lopo, especialista na figura de María Casares, e o dramaturgo Borja Ortiz de Gondra. O peche porano en novembro o músico Pedro Soler, que acompañou a María Casares en varias ocasións nas súas producións, e a catedrática María Delgado.

Relacionadas

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Román Rodríguez reivindica a escola rural como “un modelo educativo de vangarda que é...

0
— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa no II Congreso Nacional da Escola Rural en Ribadavia — Na cita, a que acuden...

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

0
— O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

Publicacións Relacionadas