Home Pontevedra O Goberno local pon en marcha una nova edición do programa «Maiores...

O Goberno local pon en marcha una nova edición do programa «Maiores en Ruta» no que hai inscritas xa máis de 250 persoas

- Anuncio -

Tras o éxito das anteriores excursións do programa “Maiores en Ruta”, o Concello de Redondela segue organizando visitas guiadas para as persoas maiores da vila. Esta vez visitarán A Estrada, Silleda e Caldas de Reis no mesmo día, pero en dous grupos separados que inclúe o mércores 28 de setembro e o 5 de outubro. A data límite para apuntarse remata este venres 23 de setembro e xa están apuntadas máis de 250 persoas.

Redondela, 21 de setembro de 2022.- O Concello de Redondela, a través da Concellería de Persoas Maiores dirixida por Iria Vilaboa, leva medio ano traballando na iniciativa “Maiores en Ruta” coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

Os roteiros, que son de periodicidade mensual, están abertos á participación de todas as veciñas e veciños maiores de 55 anos empadroados en Redondela. O prezo da actividade varía dependendo de factores como pode ser, por exemplo, a distancia da viaxe, aínda que serán accesibles a todos os petos. O prezo incluirá desprazamentos, visitas, comida nun restaurante e seguro de viaxe.

Despois do éxito das primeiras programacións, como a saída do 27 de maio a Ribadavia, os veciños e veciñas da contorna comezaron a apuntarse en masa. A seguinte saída estaba programada para A Estrada, Silleda e Caldas de Reis o 5 de outubro, pero no primeiro día de apertura de prazas xa estaban anotadas 250 persoas. Por este motivo a alcaldesa, Digna Rivas, decidiu ampliar as datas da excursión “engadimos un día máis pola extraordinaria recepción que está tendo a iniciativa. Non queremos que ninguén se quede fora e por iso decidimos ampliar a data e facer a mesma excursión o 28 de setembro. A intención é que as persoas maiores poidan socializar e facer actividades ao aire libre, polo que queremos que teñan a oportunidade de facelo a maior xente posible”.

Para poder participar nesta actividade, as e os interesados deberán cubrir un formulario que se lles facilitará na oficina de Turismo (situada nos baixos do Concello) onde se lles facilitará toda a información. A inscrición aínda está aberta ata este venres 23 de setembro.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas