Home A Coruña O Concello organizou catro actividades do programa Apego para os meses de...

O Concello organizou catro actividades do programa Apego para os meses de outubro e novembro

- Anuncio -

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, avanzou o programa de actividades deseñado dende o Concello no marco do programa Apego, a través do que se facilitan ferramentas e recursos ás familias que desexan criar aos seus nenos e nenas en galego. A edil naronesa explicou que tanto no mes de outubro como no de novembro se levarán a cabo dúas propostas organizadas a través do Servizo de Normalización Lingüística.

Taibo indicou que o 5 de outubro está programado “Brilla, brilla”, de Trémola Teatro. “É unha proposta de teatro sensorial dirixida a nenas e nenos de 6 meses a 4 anos”, apuntou. A estreliña Vela, protagonista da historia, está triste porque aínda non aprendeu a brillar pero grazas á axuda da súa amiga Lira poderá brillar. Esta obra fará comprender o valor da amizade a través de elementos sensoriais como o confete, a luz led, instrumentos… facendo gozar dunha emocionante aventura aos asistentes.

A segunda proposta de outubro será “Un saco de contos”, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha que se poderá ver o día 19 e dirixido a menores de 3 a 6 anos. Os contos e as cancións de tradición oral para crianzas permitirán trasladar a herdanza cultural ás familias para que coñezan este tipo de tradicións.

No mes de novembro, o día 9 terá lugar “Tecendo soños”, de Emanarte, para nenas e nenos de 0 a 3 anos. A proposta consiste nun obradoiro de arrolos e estimulación sensorial para bebés e no que as familias aprenderán con Esperanza Mara arrolos tradicionais que poderán poñer en práctica a través da estimulación sensorial cos seus bebés.

Finalmente, o 30 de novembro a compañía Tarabelos protagonizará un espectáculo de marionetas, “Sabela e o paxaro máxico”. A protagonista será unha nena que terá que aturar os caprichos da súa xefa, una paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento…. Está recomendado para menores de 3 a 6 anos.

A concelleira de Ensino explicou que todas estas actividades terán lugar no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro, ás 18.00 horas. Así mesmo, informou que as persoas que desexen asistir deben anotarse previamente –de balde- a través do correo a.pita@naron.es, debendo indicar o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena e do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.
Para máis información sobre estas propostas e sobre o programa Apego pódese consultar a web: www.apego.gal.

Relacionadas

Gonzalo Muíños solicita unha reunión co goberno local “con ánimo propositivo” ante o novo...

0
O portavoz socialista di “comprender” a situación pero pide transparencia, lembrándolle á Alcaldesa as súas reclamacións cando non tiña o bastón de mando: “pregúntome...

A creación do xardín veciñal da Ribeiriña proseguirá a mediados do mes de maio

0
A mala previsión meteorolóxica para esta fin de semana, 4 e 5 de maio, obriga a adia-la continuidade da creación do xardín veciñal na...

Aberta a inscrición nos servizos de conciliación para o verán e tamén para o...

0
As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse acudindo ao CIM. O Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha ten como obxectivo responder ás necesidades das familias...

Miño prepárase para a VI edición da Carreira Popular 10K Praia de Miño

0
● Todo o diñeiro recadado coas inscricións á proba doarase á ONG AIRE. ● A primeira categoría en tomar a saída será a andaina de...

O Concello convida a cidadanía a participar na I Carreira de Orientación e na...

0
A Festa do Banquete de Conxo, que terá lugar o 24, 25 e 26 de maio, acollerá por primeira vez a Carreira de Orientación,...

O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición na terceira edición das “21 Leguas...

0
As persoas que desexen participar no evento deportivo “21 Leguas de Narón” poderán inscribirse a partir de mañá a través da páxina web: www.emesports.es...

Publicacións Relacionadas