Home Deputacións Deputación Pontevedra A Depuación abre o prazo de inscrición para as Deporte Escolas, que...

A Depuación abre o prazo de inscrición para as Deporte Escolas, que este curso chegan a 32 concellos da provincia

- Anuncio -

Gorka Gómez: “Este programa busca afianzar os valores dos nenos e nenas desde a base para a práctica de actividade deportiva, da igualdade e o fomento dos hábitos saudables”

Póñense en marcha 146 escolas deportivas con 8 modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, piragüismo, rugby e taekwondo

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha unha nova edición do programa DEPOrte Escolas, que desenvolve coas federacións deportivas e que busca “afianzar os valores dos nenos e nenas desde a base para a práctica de actividade deportiva, a igualdade e o fomento dos hábitos saudables”, como explicou o deputado de Deportes, Gorka Gómez. Concretamente, hoxe ábrense as inscricións, que se poderán formalizar ata o vindeiro 30 de setembro.

As DEPOrte Escolas, que este ano contan cun orzamento total de 340.000 €, desenvólvense no presente curso en 32 concellos diferentes. En total, son 146 escolas deportivas, nas que nenos e nenas de entre 6 e 14 anos poderán inscribirse en oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, piragüismo, rugby e taekwondo, sendo o balonmán a máis numerosa, con preto de 100 escolas dedicadas a este deporte, seguido do judo e a loita. Este ano o obxectivo da Deputación é “reforzar as escolas deportivas de cara ao futuro e recuperar os nenos e nenas inscritos antes da pandemia”, asegurou o deputado.

O programa DEPOrte Escolas funciona coa colaboración das federacións deportivas, que reciben a subvención da Deputación e, a cambio, son as que se ocupan de prestar a actividade cos seus correspondentes monitores. “Quero agradecer ás federacións o enorme esforzo que fan por fomentar o deporte”, asegurou Gorka Gómez, que lembrou ademais que este programa está encadrado dentro da Axenda 2030, xa que encaixa perfectamente nos valores que marcan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. “O deporte é a revolución do século XXI e non hai nada máis igualitario que repartir escolas por todos os concellos”.

As escolas deportivas realízanse entre outubro e marzo, coa excepción de piragüismo, que, por motivos meteorolóxicos, comeza en marzo e finaliza en setembro. As inscricións realízanse directamente coas Federacións Deportivas, polo que Gorka Gómez animou ás familias a poñerse en contacto con elas, se ben a información está dispoñible tanto nos concellos como na propia web da Deputación. Unha vez realizada a inscrición, será tamén a propia federación a que confirme ás familias a mesma, así como os horarios e lugares nos que se celebrará a actividade.

Patinaxe
As escolas deportivas de patinaxe terán un funcionamento diferente este ano, ao renunciar a Federación de Patinaxe a seguir organizándoa por motivos internos. Por iso, a Deputación convocou unha xuntanza cos concellos afectados (Gondomar, Valga, A Guarda, Forcarei, Moraña, pazos de Borbén, Ribadumia e Tomiño) para informarlles “e buscar unha solución conxunta”. Finalmente, acordouse que as xestionasen eles directamente, recibindo a subvención provincial que ata o de agora recibía a Federación. “Sabiamos que era unha disciplina moi demandada, polo que había que buscar unha solución o máis rápido posible para dar ese servizo. Os 61 concellos desta provincia saben que teñen un aliado na Deputación de Pontevedra, e o seu retorno coa proposta foi moi positiva”, asegurou Gorka Gómez.

Relacionadas

Sesión dobre con Abraham Cupeiro no auditorio municipal do Rosal

0
Tras o éxito de acollida do concerto que se celebrará o sábado 11 ás 20.30 horas, Agrupación Musical do Rosal abre a reserva para...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Concello e Deputación abordan a transformación das estradas de Santa Ana e da Barrosa

0
A alcaldesa e o presidente provincial mantiveron un encontro no que abordaron neste proxecto prioritario, a conexión máis importante que a Deputación ten pendente...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Soutomaior inicia o segundo proceso de contratación de persoal

0
O concello contará durante os meses de verán con máis de 20 traballadores na rúa prestando servizos de limpeza, varrido, rozado e albanelería O Concello...

O GDR Terra e Auga celebra a IV Gala de Calidade Turística do Xeodestino...

0
O GDR Terra e Auga celebra a IV Gala de Calidade Turística do Xeodestino Condado Paradanta na que entregará os distintivos SICTED de Compromiso...

Publicacións Relacionadas