Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo súmase á Placemarking Week Pontevedra con obradoiros de arquitectura para...

O Museo súmase á Placemarking Week Pontevedra con obradoiros de arquitectura para nenas e nenos e visitas guiadas

- Anuncio -

Os obradoiros, dirixidos a público de 6 a 12 anos, celebraranse os días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 17.00 a 19.00 horas

As visitas guiadas ao Museo e ao convento de Santa Clara están dirixidas ás persoas participantes no evento

O Museo de Pontevedra ofrecerá varias actividades dentro da programación do Placemaking Week Europe Pontevedra, un encontro-festival arredor do espazo público a mobilidade que se celebrará na cidade do 27 ao 30 de setembro. As persoas participantes realizarán visitas guiadas ao Museo e ás escavacións arqueolóxicas que se están a acometer no convento de Santa Clara. Ademais, ofreceranse unha serie de obradoiros dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Co título “Intramuros”, este programa de obradoiros desenvolverase os días 27, 28, 29 e 30 de setembro, de 17.00 a 19.00 horas. Son catro sesións independentes para as que xa está aberta a inscrición no correo electrónico contacto@tallerabierto.info. O programa busca dar a coñecer o valor do patrimonio arquitectónico e urbanístico da cidade de Pontevedra con actividades situadas entre o xogo e a plástica.

Nos obradoiros reinterpretarase o tecido urbano e a arquitectura vernácula co fin de coñecer a importancia do Museo de Pontevedra na cidade. As fins do obradoiro son coñecer mellor o Museo, promover o coñecemento da nosa historia e desenvolver o sentido da observación, espertando nas nenas e nenos participantes o interese pola arquitectura.

A primeira sesión, o martes 27 de setembro, leva como título “A vista de paxaro”: nun itinerario aéreo as nenas e nenos participantes coñecerán as trazas da muralla e as distintas formas que toma a cidade. A sesión do mércores 28, co título “Habitando formas xeométricas”, traballará os espazos que nos rodean simplificándoos para reducilos á súa forma esencial.

O xoves 29 terá lugar a terceira sesión, co título “Rastros e restos”: un achegamento á superposición de capas nas que as distintas etapas históricas van deixando a súa pegada sobre a trama urbana. O venres 30 celebrarase a cuarta e última sesión “Completando o crebacabezas”, na que as nenas e nenos participantes verán como contemporaneidade e tradición conviven poñendo como exemplo o diálogo arquitectónico entre o edificio Sarmiento e o edificio Castelao.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas