Home A Coruña Comezaron as obras de substitución da pasarela e as ramplas de madeira...

Comezaron as obras de substitución da pasarela e as ramplas de madeira do paseo da praia de Razo

- Anuncio -

O Concello de Carballo realizará un investimento de 164.064,57 euros

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse ata Razo coincidindo co inicio dos traballos de substitución da pasarela e das ramplas de madeira do paseo da praia. As obras foron adxudicadas en xullo á empresa Jardinería Arce por 164.064,57 euros, e agardouse ata o remate da temporada de praias para poñelas en marcha coa finalidade de non afectar ao desenvolvemento das actividades estivais nun dos principais enclaves turísticos do noso concello.

A empresa adxudicataria dispón de catro meses de prazo para rematar a actuación. A pasarela, que ten algo máis de 600 metros de lonxitude, foi construída entre os anos 2003 e 2005, e case vinte anos despois precisaba unha reforma integral. As obras consisten na demolición e levantado das estruturas actuais e a limpeza da zona, a reposición do borde de formigón, a instalación da nova pasarela de madeira de pino tratada, así coma das ramplas de accesibilidade. O proxecto tamén prevé o traslado das columnas de alumeado público, bandeirolas e megafonía que invaden a zona de paso e a ampliación dos cubre-contedores.

Os trámites para acometer a substitución da pasarela comezaron xa no ano 2021, coa elaboración do proxecto no mes de setembro e a súa remisión aos organismos competentes ao mes seguinte. A tardanza das administracións estatal e autonómica en autorizar as obras foi a principal causa da demora. A autorización da Demarcación de Costas do Estado chegou ao Concello de Carballo en marzo deste ano e a da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, o 18 de maio. O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas rematou o 31 de maio, o 16 de xuño formulouse por parte da mesa de contratación a proposta de adxudicación, que se formalizou o 18 de xullo en Xunta de Goberno.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas