Home Deputacións Deputación Pontevedra O CAAN da Deputación rescata en 48 horas dúas camadas cun total...

O CAAN da Deputación rescata en 48 horas dúas camadas cun total de 15 cachorros en Ponte Caldelas e Meaño

- Anuncio -

Seis dos animais foron abandonados nunha caixa ante o Pavillón de Ponte Caldelas, mentres que os outros nove foron recollidos xunto coa súa nai en Dena

Outras dúas cadelas que foran arroxadas desde unha ponte en Crecente e que sufriran graves lesións recuperáronse no centro e están listas para saír en adopción

O abandono animal segue a mostrar a súa cara máis amarga aínda que con final feliz. En dous días seguidos desta semana, o Centro de Acollida de Protección de Animais (CAAN) da Deputación recolleu quince cachorros, seis deles abandonados nunha caixa, que se están a recuperar agora de xeito satisfactorio nas instalacións provinciais da Armenteira (Meis).

Os cachorros son cinco femias (Nela, Baca, Crisal, Vera e Terra) e un macho (Watson) que o persoal do centro provincial rescatou abandonados a súa sorte nunha caixa diante do Pavillón de Ponte Caldelas, tras recibir aviso da Policía Local deste concello. Teñen aproximadamente un mes de idade e están a recibir os coidados necesarios no CAAN, aínda que en principio atópanse en bo estado de saúde. Só 24 horas despois recolléronse outros 9 cachorros que contan con quince días de idade. Son 8 machos (Floro, Lou, Mío, Valdo, Pazo, Bico, Cobo e Sil) e unha femia (Lis) e están a ser aleitados pola súa nai, Quina, que puido tamén ser recuperada xunto aos animais nunha silveira en Dena (Meaño). Afortunadamente todos e todas están tamén en bo estado.

Os quince cachorros estarán no CAAN ata completar a súa recuperación e, se todo vai ben, poderán saír en adopción nuns meses tras completar o cadro de vacinación, como é o caso de Panchi e Chachi, dúas cadelas que buscan xa un fogar despois de tratarse no centro das graves lesións que presentaran á súa chegada, froito do maltrato e abandono. Ambas foran arroxadas o 5 de agosto, con só cinco semanas de idade, desde unha ponte do río Mandelos en Crecente. Cando as recolleron presentaban, a primeira, unha torcedura nunha pata e, a segunda, unha fractura de tibia e desprazamento de peroné. Foron tratadas e recuperáronse no CAAN e xa están listas parasaír en adopción.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas