Home Valdeorras Larouco A Xunta apoia en Larouco e San Xoán de Río con máis...

A Xunta apoia en Larouco e San Xoán de Río con máis de 40.000€ a conciliación corresponsable e promove a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero

- Anuncio -

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura da presentación de resultados dos proxectos #Enrede e #RíoConcilia que desenvolveron os dous concellos ourensás co financiamento económico de Igualdade


― A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a investir este ano na provincia de Ourense 1,6 millóns para apoiar os centros de información á muller e accións para previr a violencia de xénero e fomentar a igualdade e a conciliación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura da presentación dos proxectos #Enrede e #RíoConcilia que desenvolveron os concellos ourensás de Larouco e San Xoán de Río co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Deste xeito, a Xunta, a través do desenvolvemento destas actividades, apoiou a conciliación corresponsable e a promoción da igualdade e a prevención contra a violencia de xénero nestas dúas localidades.

En concreto, Enrede: participación en feminino, para promover o liderado da muller, recibiu un financiamento de máis de 26.200 euros, mentres que RíoConcilia, no que participaron entre xuño e setembro unha trintena de nenas e nenos de entre 3 e 14 anos, contou cun máis de 14.800 euros de apoio, o que en total sumou máis de 40.000 euros.

López Abella puxo en valor o programa autonómico de axudas para impulsar en toda Galicia non só o desenvolvemento de actividades encamiñadas a impulsar a igualdade entre mulleres e homes e a promover a conciliación corresponsable, senón tamén a apoiar os centros de información á muller. A Xunta investiu neste programa con tres liñas de financiamento diferenciadas 1,6 millóns de euros este ano na provincia de Ourense.

López Abella apuntou que a promoción da igualdade, a loita contra a violencia de xénero e o impulso da conciliación corresponsable son eixos prioritario das políticas de igualdade da Xunta. Ademais dos diferentes programas de axudas, lembrou que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional.

Así mesmo, a finais deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027.

Segundo López Abella, é preciso “seguir avanzando nun modelo de sociedade de roles compartidos e equilibrados e é importante un cambio de actitude, a xeración dunha nova cultura a favor da igualdade e o benestar laboral, valores que se deberían ir interiorizando desde idades temperás”, rematou.

Relacionadas

A segunda aceleradra musical ‘Sonermerxente’ pecha a fase de titorías grupais cun obradoiro sobre...

0
— Rosana Corbacho, psicóloga especializada na industria musical, abordou con artistas e bandas a xestión de éxitos e fracasos e o autocoidado — O programa...

O conselleiro de Sanidade recibe á Asociación de pais de persoas con parálise cerebral...

0
― Antonio Gómez Caamaño agradece a colaboración de Aspace na atención integral aos pacientes e ás súas familias O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

A Xunta financiará a contratación de socorristas para garantir este verán a seguridade en...

0
A Dirección Xeral de Administración Local publicará en breve a orde de axudas que en edicións anteriores convocaba o departamento autonómico con competencia en...

A Xunta inicia en Valdeorras a Primavera de portas abertas nas rutas dos...

0
O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo...

O turismo galego medra un 12% nos tres primeiros meses do ano consolidando así...

0
O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que no...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

Publicacións Relacionadas