Home Xunta de Galicia Un proxecto innovador da Xunta e da USC sitúa a Meteogalicia á...

Un proxecto innovador da Xunta e da USC sitúa a Meteogalicia á vangarda mundial na difusión de información clara e accesible sobre a calidade do aire

- Anuncio -

— A proposta, que xa recibiu varios premios internacionais, baséase na aplicación de técnicas de intelixencia artificial para xerar de forma automática textos explicativos

— Grazas a esta nova aplicación, o organismo meteorolóxico mellora as descricións asociadas ao Índice de calidade do aire (ICA), que facilita á cidadanía a comprensión do estado do aire ambiente en toda a Comunidade, ofrecendo datos en tempo real

— Pola información recompilada ata o momento, MeteoGalicia será a primeira axencia meteorolóxica do mundo en contar cunha aplicación para a xeración automática de descricións en linguaxe natural para a información sobre a calidade do aire

Un proxecto innovador desenvolvido conxuntamente entre a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela sitúa a MeteoGalicia á vangarda mundial dos servizos meteorolóxicos pola facilidade de acceso e interpretación da información sobre a calidade do aire dispoñible na súa web.

Grazas a unha nova aplicación baseada en diferentes técnicas de intelixencia artificial, o organismo autonómico logrou mellorar a claridade e comprensión destes datos, que se transmiten á poboación desde hai anos a través do Índice de calidade do aire (ICA).

O sistema ICA2TEXT, en cuxo deseño e desenvolvemento traballaron xuntos o departamento de calidade do aire da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), permite acompañar os gráficos e os datos numéricos amosados na páxina web con descricións textuais en linguaxe natural co obxectivo de facilitar que a poboación poida comprender mellor a información que se lle transmite.

Trátase dun proxecto moi novidoso e que xa lle valeu ao grupo responsable do traballo varios premios internacionais. De feito, pola información recompilada ata o momento, MeteoGalicia será a primeira axencia meteorolóxica do mundo en contar cunha aplicación propia para a xeración automática de descricións en linguaxe natural relacionadas coa información sobre a calidade do aire.

Datos en tempo real
Cómpre lembrar que o ICA calcúlase en Galicia a partir dos datos que emite en tempo real a completa rede autonómica de estacións de calidade do aire, parámetros que se amosan de forma simultánea a través da páxina web do organismo meteorolóxico.

Co fin de seguir mellorando a información que se lle ofrece ao usuario e facilitar a súa experiencia, decidiuse desenvolver ICA2TEXT no marco do proxecto Galiweather, que ten como fin a xeración dos prognósticos meteorolóxicos e de calidade do aire a curto prazo en linguaxe natural a partir dos datos de predición do organismo autonómico.

MeteoGalicia implanta deste xeito unha nova mellora na súa páxina web no marco da súa aposta pola actualización e mellora continua das súas ferramentas e instrumentos de traballo, grazas á cal mantén unha posición de referencia a nivel nacional e tamén europeo como un dos organismos máis importantes e punteiros no campo da meteoroloxía.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas