A Concellería de Participación Cidadá abre mañá, día 4 de outubro, o prazo de 15 días para que as asociacións veciñais soliciten estes proxectos / O prazo remata o día 25 de outubro
O Concello de Ourense, atendendo ao Plan estratéxico e co obxectivo prioritario de fomentar e consolidar o asociacionismo veciñal e a participación cidadá, vén de publicar as bases e convocatoria das Subvencións a asociacións veciñais para o funcionamento e a realización de programas ou actividades para o ano 2022.
A esta subvención poderán acollerse aquelas AA.VV., constituídas legalmente, que presenten programas ou actividades, tales como actividades lúdicas, festivas, culturais ou deportivas, cuxo obxecto sexa mellorar a convivencia e que favorezan a relación, colaboración e integración entre a veciñanza e que non conten con axudas municipais específicas.
O gasto destinado a cubrir estas subvencións é de 46.366,38 €, segundo foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o pasado día 1 de setembro na súa convocatoria ordinaria.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que comezarán a contar a partir de mañá, día 4 de outubro e rematará o día 25 de setembro.
Poderán consultar as bases e a convocatoria na páxina web do Concello.



