• Empezará este sábado, 8 de outubro, con ‘Crónicas do paraíso’ de Sarabela Teatro.
• O 13 de novembro Teatro Ghazafelhos estreará en Cariño a súa nova obra ‘H2… OH!’
• Tamén hai espazo para o cinema, a música e celebracións tradicionais como o Samaín, o Magosto ou o concurso de tapas.
O Concello de Cariño presentou hoxe a súa programación cultural para os meses de outubro, novembro e decembro, na que ten un claro protagonismo o teatro. Comezará este sábado, 8 de outubro, coa obra ‘Crónicas do paraíso’ de Sarabela Teatro (19:30 h.) no Auditorio Municipal.
En canto a teatro, o Auditorio tamén acollerá ‘As do Mare’ de Rilo & Penadique (22 de outubro ás 19:30 horas), ‘Ou Porco de Pé’ de Excéntricas Producións. (29 de outubro ás 19:30 horas), a estrea da nova obra de Teatro Ghazafelhos ‘H2…OH!’ (13 de novembro ás 18 horas), e ‘Esas cousas marabillosas’ de Empatía Teatro (10 de decembro ás 19:30 horas).
Nesta programación cultural tamén hai espazo para o cinema, coa proxección no Auditorio de ‘O código emperador’ (19 de novembro ás 19:30 horas) e ‘O cuarto de Mona’ (26 de novembro ás 19:30 horas), e a música con ‘Falando a música’ de Pablo Carpinteiro e Rosa Sánchez (27 de novembro ás 19:00 horas) e ‘Desconcerto’ de Culturactiva Producións (17 de decembro ás 19:30 horas).
Ademais, están previstas celebracións tradicionais como o Samaín (30 de outubro), o Magosto (5 de novembro), o IV Saborea Cariño – Concurso de Tapas (do 16 ao 18 de decembro), e a programación de Nadal (do 23 de decembro ao 8 de xaneiro).
Os prezos marcados son de 3 euros para todas as datas, excepto para as obras de Teatro Ghazafelhos, Empatía Teatro e Culturactiva Producións.



