Home Xunta de Galicia A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés refrenda no Día do...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés refrenda no Día do Paciente ostomizado o seu compromiso coa atención ás enfermidades inflamatorias intestinais

- Anuncio -

― As iniciativas de asistencia a estas patoloxías na Área Sanitaria contan coa colaboración da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidade Inflamatoria Intestinal -ASEII-, que hoxe se congratulou da nova implantación dun aseo adaptado para este colectivo no andar de entrada de consultas externas do Hospital Provincial e acceso pola rúa Joaquín Costa


― Existen uns 2.000 pacientes portadores dunha bolsa de ostomía na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e contabilízanse uns 5.000 a nivel Autonómico


― Con motivo da presentación hoxe das actividades do Día do Paciente Ostomizado, a Área Sanitaria e ASEII anunciaron a celebración dunha xornada conxunta de Ostomía no hospital Montecelo o vindeiro venres 21 de outubro

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés refrenda no Día do Paciente Ostomizado o seu compromiso coa atención ás enfermidades inflamatorias intestinais, sensibilizando sobre o auxe de novos casos de enfermidade de Crohn e colite ulcerosa que dan a cara en idades afastadas dos 20 a 40 anos, rango que acostumaba ser habitual para a aparición deste tipo de enfermidade. Algúns síntomas asociados á enfermidade inflamatoria intestinal son a diarrea, a dor abdominal, a perda de peso ou a febre.

As iniciativas de atención ás enfermidades inflamatorias intestinais na Área Sanitaria contan coa colaboración da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidade Inflamatoria Intestinal -ASEII-, que hoxe se congratulou da nova implantación dun aseo adaptado para este colectivo emprazado no andar de entrada de consultas externas do Hospital Provincial e acceso pola rúa Joaquín Costa .

O novo aseo adaptado consta dun equipo de baño colgado, cunhas medidas de 1,50 m de alto, 80 cm de ancho e 50 de profundidade. Está integrado por un moble que leva incorporado un mecanismo similar ao dun inodoro, dotado dunha cisterna de 10 litros, un lavabo, unha xaboeira e un espello, a través do cal os pacientes poden visualizar a bolsa de ostomía cando teñen que manexala. Ademais, conta cunha ducha de auga quente sanitaria con regulación e adaptada para que os pacientes disparen o chorro cunha man e poidan ter a outra libre para coller a bolsa.

Esta nova instalación nos aseos da sala de espera de consultas externas do Hospital Provincial tamén dispón dun mesado para que os doentes deixen os seus utensilios, un portarrolo de papel hixiénico e un envase para depositar desfeitos.

Primeira área sanitaria de España
Cómpre lembrar que Pontevedra e O Salnés converteuse o pasado ano 2017 na primeira área sanitaria de España en dispoñer dun aseo accesible en condicións óptimas para as persoas portadoras dunha bolsa de ostomía. Con ese obxectivo, a Área Sanitaria deu resposta a unha demanda deste colectivo de pacientes que lles supuxo unha importante mellora na súa calidade de vida.

Aquel ano, o Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra converteuse no primeiro hospital de España en instalar un baño totalmente adaptado para persoas ostomizadas. Na actualidade, este centro sanitario pontevedrés xa conta con dous destes servizos, sendo un centro pioneiro na creación de espazos amigables para dito colectivo. Así mesmo, o Hospital do Salnés conta desde o ano 2018 con outro aseo adaptado no vestíbulo principal, que agora se incrementa co incorporado ao Hospital Provincial de Pontevedra.

Neste proxecto, impulsado polo Servizo Galego de Saúde, e cuxos prototipos foron deseñados polo persoal de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, a Asociación Socio Sanitaria de Enfermidade Inflamatoria Intestinal -ASEII- tamén xogou un papel determinante, xa que nas reunións mantidas cos técnicos realizaron as súas achegas co obxectivo de que o modelo de aseo se adaptara da mellor maneira posible ás súas necesidades.

2.000 ostomizados na Área Sanitaria
Existen uns 2.000 pacientes portadores dunha bolsa de ostomía na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e contabilízanse uns 5.000 a nivel Autonómico. Entre as principais causas destacan a neoplasia de recto ou de colon, a enfermidade de Crohn e/ou enfermidades inflamatorias intestinais, os accidentes de tráfico ou as neoplasias de vexiga, entre outras.

Os pacientes ostomizados da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés poden xa utilizar este aseo adaptado no Hospital Provincial pontevedrés e comprobar a súa operatividade, posto que a idea do Servizo Galego de Saúde é a de continuar a estender o modelo de Pontevedra a todos os hospitais dependentes da Rede Sanitaria Pública galega para, que como mínimo, dispoñan dun aseo con estas características.

Na actualidade, este tipo de aseos sómentes existe en países como Xapón ou Brasil, polo que o Servizo Galego de Saúde agarda que se tome como referencia a Pontevedra e que o resto de Comunidades Autónomas sigan o seu modelo.

Xornada conxunta de Ostomía o vindeiro 21 de outubro
Con motivo da presentación hoxe das actividades do Día do Paciente Ostomizado en toda a Área Sanitaria –que efectuaron en Montecelo responsables de Enfermaría de Pontevedra e O Salnés, acompañados polos directivos de ASSEII Ángela Paz e Victor Loira- anunciouse a celebración dunha xornada conxunta de Ostomía no hospital Montecelo o vindeiro venres 21 de outubro, no que se analizarán durante todo o día en mesas redondas e obradoiros de actividade diversos aspectos de atención e casuística dos pacientes ostomizados.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

Publicacións Relacionadas