HomeA CoruñaÉxito de participación da mocidade e de adultos no ‘Día do deporte...

Éxito de participación da mocidade e de adultos no ‘Día do deporte na rúa’

- Anuncio -spot_img

· Os rapaces e rapazas puideron practicar ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa así como circuítos de seguridade viaria e demostracións de primeiros auxilios.

Onte, domingo 2 de outubro, a Praza do Mercado encheuse de familias do Concello de Camariñas que acudiron xuntas a desfrutar do ‘Día do deporte na rúa’, unha iniciativa lúdico festiva que foi todo un éxito de participación e na que os asistentes puideron probar os deportes que se organizan no municipio a través das diferentes entidades deportivas.

Os rapaces e rapazas puideron desfrutar, xunto coas súas familias, do ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa, así como circuítos de seguridade viaria (con patinete, patíns ou bicicleta) e demostracións de primeiros auxilios.

Todos os participantes tiñan unha tarxeta que podían ir selando cada vez que participaban nunha estación, conseguindo un agasallo ao completar a participación en tódolos deportes.

Publicacións Relacionadas