Home O Morrazo Bueu A Mancomunidade do Morrazo comeza esta semana unha campaña de mellora e...

A Mancomunidade do Morrazo comeza esta semana unha campaña de mellora e ampliación do servizo recollida de papel e cartón comercial

- Anuncio -

• Os establecementos comerciais que desexen adherirse ao servizo poden facelo a través do teéfono 900725425 ou no correo electrónico info@mancomunidadedomorrazo.gal

• Esta iniciativa pretende reducir a problemática asociada á acumulación de cartón xunto aos colectores, e tamén ten vantaxes medio ambientais

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo comeza esta semana unha campaña de mellora e ampliación do servizo de recollida porta a porta de papel e cartón comercial, co que se pretende reducir a problemática relacionada coa presenza de papel e cartón no entorno do colector azul, que dificulta a eficiencia e eficacia dos servizos de limpeza.

A campaña ten como obxectivo principal mellorar de xeito substancial a limpeza das rúas con redución dos custes asociados e renovar a imaxe das zonas comerciais, pois o que se fará será evitar que este tipo de residuos interfiran noutros fluxos de recollida de papel e cartón, evitar o enchido e saturación dos colectores azuis de recollida selectiva destinados ao uso da cidadanía, e recoller de maneira sostible unha maior cantidade de papel e cartón para introducilo no circuíto da reciclaxe… Ademais, tamén se conseguirá un aforro de enerxía, emisións e materias primas, conseguindo unha reciclaxe de calidade e potenciando o coidado do medio ambiente.

Tal e como se lembra dende a Mancomunidade, o servizo vai dirixido ao comercio e outras actividades do sector servizos, como hostalaría, restauración e froitarías, que son produtoras dunha grande cantidade de cartón. A adhesión deberá facerse no teléfono 900725425 ou no correo info@mancomunidadedomorrazo.gal.

O material terá que entregarse sempre limpo e libre de impropios, ademais de depositarse pregado e dobrado e o máis organizado posible diante do establecemento sen que obstaculice a vía pública.
O horario de recollida será de 17.00 a 18.00 horas, os luns e xoves no Concello de Bueu, os martes e venres no Concello de Cangas, e os mércores e sábado no Concello de Moaña.
Actualmente, e segundo os datos do ente supramunicipal, hai adheridos un total de 72 establecementos (27 en Bueu, 31 en Cangas e 14 en Moaña), dos cales no último ano 2021 se recolleron 83,5 toneladas.

Relacionadas

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

Bueu celebra este MAIO as Letras Galegas ‘para poñer en valor a lingua en...

0
Carmen García, concelleira de cultura e normalización lingüística, agradece a colaboración dos colectivos da vila no programa que tamén visibiliza a figura de Luísa...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

O pleno da corporación aproba varias mocións con peticións cidadás

0
• Entre as propostas estaban, entre outras, a reivindicación sobre a mellora integral da praia de Pescadoira ou a reclamación á Xunta de Galicia...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

Luis López adianta ao alcalde de Bueu que o venres a Deputación aprobará medio...

0
O presidente mantivo unha reunión con Félix Juncal na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

Publicacións Relacionadas