Home Verín Oímbra Oímbra retrocede ao medievo coa recreación do prensado nos seus lagares rupestres

Oímbra retrocede ao medievo coa recreación do prensado nos seus lagares rupestres

- Anuncio -

Este evento de pisado de uva tradicional, que conta coa colaboración do Inorde, celebrarase o vindeiro domingo, 9 de outubro no Lagar de Xan Preto

Rosendo Fernández felicitou a alcaldesa por realizar este tipo de actividades que “renden homenaxe a ese gran traballo que se facía no rural para a produción do viño -motor económico do noso territorio-, e que pon en valor a identidade e a esencia do que somos”

Pola súa parte, a alcaldesa de Oímbra agradeceu a colaboración do Inorde con esta iniciativa porque “as uvas que imos a pisar e a prensar proceden da viña experimental que ten este organismo provincial dentro da D.O. de Monterrei, reservándonos 800 quilos de uvas de viño branco de diferentes variedades da nosa Denominación de Orixe”

O municipio de Oímbra rememora a súa tradición e historia retrocedendo ao medievo coa recreación do prensado nos seus lagares rupestres co xa tradicional pisado de uvas que terá lugar o vindeiro domingo, 9 de outubro. A presentación da iniciativa tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.

Rosendo Fernández felicitou a alcaldesa por realizar este tipo de actividades que “renden homenaxe a ese gran traballo que se facía no rural para a produción do viño -motor económico do noso territorio- e que pon en valor a identidade e a esencia do que somos”. Neste mesmo sentido, o presidente do Inorde lembrou que “alá polo medievo, os pequenos viticultores facían o viño entre as viñas, e non nas bodegas como se fai agora”.

“O Concello de Oímbra vai retroceder uns catro séculos no tempo para recrearse nese pisado das uvas, traballo que caracterizou a economía do seu momento baseada fundamentalmente no sector vitivinícola”, dixo Rosendo Fernández, quen destacou que esta iniciativa non podería ter un escenario mellor que Oímbra que aglutina “patrimonio, viño e cultura, onde xa hai máis de 2.000 anos producía viño nos seus lagares rupestres, que volven a recuperar o protagonismo daquela época”.

Pola súa parte, a alcaldesa de Oímbra agradeceu a colaboración do Inorde con esta iniciativa porque “as uvas que imos a pisar e a prensar neste lagar rupestre de Xan Preto proceden da viña experimental que ten este organismo provincial dentro da D.O. de Monterrei, reservándonos 800 quilos de uvas de viño branco de diferentes variedades da nosa Denominación de Orixe”.

Oímbra é “o concello de Galicia con maior concentración de lagares rupestres, temos inventariados máis de 30, pero continúan a aparecer máis estruturas. Esa proliferación de lagares no monte tamén quere dicir que Oímbra, moitos séculos atrás, xa era unha potencia vitivinícola. E, na actualidade, debemos lembrar que 8 das 28 adegas comerciais que ten a Denominación de Orixe de Monterrei están en Oímbra, de feito, o mellor tinto deste ano da D.O. é dunha bodega do noso municipio”, salientou a alcaldesa de Oímbra.

O obxectivo, segundo Ana Villarino, é promocionar o binominio: patrimonio e viticultura, porque “temos un produto de calidade que se lle damos un valor engadido de carácter patrimonial, permitiranos comercializalo mellor”, sinalou a alcaldesa, mostra desa vocación nace esta recreación do prensado rupestre no ano 2018.

A actividade desenvolverase no lagar de Xan Preto onde se fixo unha reconstrución dunha prensa, que será a que funcione o día 9 de outubro para esta actividade. Despois do prensado, o mosto transportarase a adega-lagar As Barrocas, de comezos do século XVIII, e este ano, ademais, a través dun programa do Xacobeo “teremos o de moverse na lingua na raia porque Oímbra é un concello raioto e, por iso, tamén pertencemos á Asociación de Lagares Rupestres de Valpaços”, explicou a alcaldesa de Oímbra.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas